Sociedad

Rubén Arroxo: "No PP hai intereses económicos particulares para que Altri se asente na Ulloa"

O BNG está disposto a levar este proxecto ao Congreso e a Europa, mentres a empresa insiste en que xerarán milleiros de postos de traballo

Ruben Arroxo: "Iremos ao Congreso e a Europa para desmontar a Altri"

Ruben Arroxo: "Iremos ao Congreso e a Europa para desmontar a Altri"

13:13

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1711116193542/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O BNG non se move: oposición total á instalación de Altri na comarca da Ulloa. O tenente de alcalde en Lugo e voceiro do partido nacionalista en Lugo, Rubén Arroxo, mantense firme na liña a seguir polo seu partido. "Altri é un monstruo, unha bomba no corazón de Galicia coa que se intentou enganar á veciñanza", afirma.

A factoría decidíu suspenser as mesas informativas cos veciños ante o nulo seguimento. A idea era "explicar" o proxecto sobre o cal se pedían datos dende hai dous anos. Tras vivir os primeiros encontros nos que atoparon pouca ou ningunha aprobación, Altri alude a "comportamentos agresivos" por parte da veciñanza como motivo de suspender estas reunións proevistas no resto da comarca.

"Si, vamos, moi agresivos. O que non entenden é que se encontraron a veciños protestando e pedindo explicacións, pero non agresivos. De feito pódese comprobar nos videos que circulan polas redes sociais", matiza Arroxo.

No seu paso polos micrófonos de Hoy por Hoy Lugo, o nacionaista deixou claro que o seu partido loitará para frear este "atentado medioambiental rodeado de moitas incógnitas". O BNG está disposto a levar este proxecto ao Congreso dos Deputados e tamén ao Parlamento Europeo.

Fronte á postura dos nacionalistas, o PP de Rueda insiste en seguir cara adiante cun proxecto "punteiro" coma Altri. Para Arroxo detrás desta insistencia "hai intereses económicos e particulares no Partido Popular. Hai conexións entre Altri de persoas do PP".

Emprego

En canto á creación de novos postos de traballo "quedan acreditados que serán 200. Esa cantidade, en Galicia, créanse e destrúense nun so día de forma orgánica", di o voceiro nacionalista.

Pola súa banda a empresa Altri, a través de Greenfiber -a sociedade promotora da fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa-, asegura que as obras para implantar a súa factoría na localidade Palas de Rei (Lugo) xerarán máis de 4.000 empregos. Segundo os cálculos que realiza a propia compañía promotora, cando a fábrica empece a funcionar, xerará 500 postos de traballo directos, ademais doutros 2.000 indirectos.

Eses datos son parte da información facilitada pola compañía a través dun díptico que acaba de editar para explicarlle á cidadanía da comarca da Ulloa, onde se situará, os detalles do seu proxecto industrial, despois de que nas últimas horas suspendese as charlas programadas en varios municipios pola “actitude agresiva” de determinados colectivos.

Nesa información, a empresa aclara como será o proceso industrial para a fabricación de celulosa e fibras téxtiles, con especial incidencia no aproveitamento da enerxía renovable que se xerará no propio proceso de transformación para autoabastecerse e na captación de auga no encoro Porto de Mouros. Tamén incide no “respecto á contorna” do complexo industrial e na boa “relación coa comunidade” que quere promover a empresa.

Greenfiber informou nas últimas horas de que “a empresa vai explorar cos concellos novas opcións para informar de maneira personalizada aos veciños”. Así mesmo, distribuirá material explicativo do proxecto e habilitará proximamente unha páxina web.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00