Directo

CONSEJO DE MINISTROS Sigue la rueda de prensa posterior a la reunión de los miembros del Gobierno

Hora 14 OurenseHora 14 Ourense
Ocio y cultura

O Día Internacional do Guía de Turismo celébrase o domingo no casco histórico de Ourense

A visita é de balde, pero o recadado irá a favor de POR ELES TEA

Dos mujeres caminan por el casco histórico de la ciudad / Brais Lorenzo

Ourense

Grazas! Cunha soa palabra, pero cunha significación tan grande nos tempos que estamos a vivir, o sector adiántase para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo 2022. Aínda que a conmemoración é o luns, na práctica encherá de vida as rúas este domingo en distintos lugares de Galicia. En Ourense será a través de dúas visitas. Pepe Mosquera é delegado en Ourense da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e explica que unha das visitas está destinada a nenos e nenas co obxectivo de "ensinarlles un pouco do lugar onde viven".

Ao final da visita poderanse facer doazóns en beneficio da Asociación por ELES TEA. Silvia Suárez é a súa traballadora social e explica a importancia que teñen accións como esta para que se coñeza o traballo que se desenvolve na Asociación e que pasa por "prestar un servizo de intervención terapéutica de forma individualizada ás persoas con trastorno do espectro autista e prestamos apoio social e psicolóxico ás súas familias".

Durante o ano 2022 a Asociación Profesional de Guísas de Turismo de Galicia ten unha prioridade: o turismo inclusivo e, por iso, as actividades centraranse na preparación dos socios perante os colectivos con diferentes capacidades. Confían ademais en que o 2022, co funcionamento xa da alta velocidade, será un bo ano, malia que entenden que a cidade pode mellorar a súa oferta.

A profesión do guía enfróntase a varios problemas, entre eles, unha constante, a do intrusismo. Valentín Verea, guía oficial de Galicia, deixaba a seguinte reflexión ao seu paso pola Ventana de Ourense, "O freetour xa non é o concepto de antes, as grandes empresas de fóra cotizan por propinas". Porén, insiste que alén do aspecto legal é unha cuestión "moral".

Para a visita polo casco histórico, que arrancará o domingo ás once e media da mañá desde os Xardins do Padre Feijoo, é recomendable reservar en info@guiasdegalicia.org ou no telefono 606. 98.51.85.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00