Ocio y cultura
Música

Os vigueses Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra crean "Contra vento e marea", a súa primeira colaboración

O tema preséntase acompañado dun videoclip gravado no litoral da ría de Vigo, que amplifica aínda máis a profunda carga emotiva, e ao tempo combativa, da canción

Gloria M

Os vigueses Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra veñen de asinar a súa primeira colaboración, "Contra vento e marea". O tema, que xa está dispoñible nas plataformas dixitais, preséntase como un arrebatador, cómplice e fascinante xogo de contrastes entre dúas formacións esenciais na actual escena da música galega. O sinxelo demostra que a confluencia entre as dúas bandas que agromaron en Vigo é natural, enriquecedora e proveitosa para a música do país.

Contra vento e marea, explica Nervo, é “unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura”. É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. “É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón. Ao fío, María SOA e Sara Faro salientan “a forza e a colectividade” que se desprende da peza. “Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante”, apuntan.

Nesta primeira colaboración, Rebeliom achégase a un rexistro poético conmovedor e descarnado, cunha colosal carga emotiva, mais sen deixar, en ningún momento, a súa esencia combativa. "Som o som das ondas à beira do mare, o latejo, a espuma branca, o nosso lare, a costa e dureza. Puto, nom todo vale. Ilhas Atlânticas freando tempestade", rapea Nervo sobre os beats de 2Pasøs e Frank Huxley. Pola súa banda, Fillas de Cassandra expoñen, dun xeito vehemente e apaixonado, a fortaleza que reside nelas. "Nas augas do inframundo fazemos o nosso mare", cantan María SOA e Sara Faro nos primeiros compases do tema.

Creación colectiva

A idea da colaboración entre Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra xurdiu hai un ano, nun encontro entre uns e outras. “Foi a primeira colaboración que nos ofreceron e, desde o inicio, cadramos xenial, xa que ambas formacións sentimos admiración pola outra”, contan María e Sara.

A construción foi colectiva. “Nós tiñamos unha melodía gardada con cariño e soubemos que ese era o momento de compartila. Esa melodía foi inspiradora para todas, comezamos a construír o tema todas á vez”, explican Fillas de Cassandra.

“As Fillas tiñan a súa parte, eu compuxen a letra que canto e Malvares o poema que soa ao remate. A partir de aí foi chegar ao estudio e xurdiu todo dun xeito supernatural. Fixémolo xa todo. A seguinte vez que nos xuntamos foi para gravar o videoclip”, lembra Nervo.

O resultado, Contra vento e marea, é pura harmonía e fusiona, dalgún xeito, dúas propostas que, lonxe de manifestarse antagónicas, se amosan en feliz comunión. Rebeliom e Fillas non suman, multiplican. Multiplicánse as emocións, o caracter evocador. Multiplican a súa potencia pero tamén a súa sensibilidade. Son as filhas do sol e os piratas con ron dos que fala a letra da canción. Vento em popa a toda vela e com decisom.

O videoclip

A canción chega acompañada dun emotivo e sobrecolledor videoclip realizado por IzanMG, gravado no litoral de Vigo, e que se pode ver na canle de Youtube de Rebeliom do Inframundo. A peza audiovisual, na que participan as dúas bandas, relata a historia dunha traxedia no mar mesturada coa idea de superación fronte as adversidades e de situar o amor, a amizade e a solidariedade por enriba de calquera outro valor.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00