Ocio y cultura

José Freiría: "As letras deste novo traballo agromaron na pandemia"

O grupo Habitación Vudú lanzou, recentemente, o tema Miedos baixo o selo de Blanco y Negro

Entrevista a José Freiría de Habitación Vudú

04:57

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713536784731/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Xinzo de Limia

Primeiro lanzaron Flores falsas, despois En el aire, teloneraron a Placebo e agora asinaron un contrato con Blanco y Negro. O grupo limiao Habitación Vudú continúa a dar pasos na música, "unha carreira de fondo que empeza no 2011", explica José Freiría en Radio Limia Cadena SER.

O grupo, que continúa a ensaiar no seu local de Escornabois, en Trasmiras, lanzou recentemente o tema "Miedos" con letra de José Freiría que, froito da pandemia, "tiña material daquelas tardes interminables na casa". A letra di "si hay una cuesta, la subo corriendo" e, precisamente, ao longo desta entrevista preguntamos en que punto está este grupo limego da costa.

Habitación Vudú está formado pola guitarra e voz de José e o seu irmán Justo á batería. Tamén forman parte desta banda, Rubén Seoane e Richi Roales. Agora, están a comprobar como funciona este novo traballo sen perder de vista que "temos moitas ganas de subir a un escenario", afirma José.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00