Actualidad

A Garda Civil detén a tres persoas en Carballo por delitos contra os dereitos dos traballadores

A investigación orixinouse logo do falecemento dun operario nunha nave do polígono de Bertoa

Os feitos tiveron lugar no Polígono de Bértoa, en Carballo

Carballo

A Garda Civil detivo en Carballo a tres persoas como autoras dun delito contra os dereitos dos traballadores. O instituto armado iniciara unha investigación a raíz da morte dun operario o pasado 26 de febreiro, un accidente que tivo lugar mentras realizaba obras de reforma nunha nave situada no polígono de Bertoa. Logo dese traballo, os axentes consideraron probado que, no momento do accidente, a vítima carecía de equipo de protección que evitase a caída, así como a acreditación legal para poder traballar en España. Os detidos son o responsables da empresa promotora das obras e dous encargados da empresa contratada para a execución das mesmas. A vítima caera dende unha carretilla elevadora na que se atopaba traballando.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00