Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Música

A historia de Laura Marín: a coruñesa que conquista a cultura balcánica

Laura Marín é a protagonista de La Galería esta semana

A Coruña

A protagonista desta semana en La Galería de Hoy por Hoy A Coruña é Laura Marín, coruñesa que triunfa na música serbocroata. Citámonos con ela fai unhas semanas para falar do seu amor pola cultura balcánica. Cóntanos Laura que San Nicolás, é unha igrexa moi importante para ela, "aquí tiven o meu primeiro traballo, en La Aliada. Hai miles de recunchos da cidade que me encantan, teño a Torre de Hércules tatuada, adoro esta cidade, pero este recuncho é un pouco meu".

La Galería: Laura Marín

16:47

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1706516102281/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Xa nos coñecíamos nesta casa, porque estiveras no A Vivir cando gañaches a edición de 2019 do Quero Cantar, e gañaches a edición de 2019.

Cómo lembras aquilo?

Era unha época onde non era moi feliz, era unha adolescente perdida, non me gustaba o que facía, tiña clarísimo que me quería dedicar a música balcánica pero non tiña forma porque non vivía nos Balcáns. Estaba estudiando 4 da E.S.O. , o curso mais inútil que estudiei na miña vida e entre unhas cousas e outras, vin ese concurso e apunteime e ao final foi unha experiencia maravillosa, que me deu sobre todo moita experiencia que é o mais importante neste traballo e que levo con moito cariño. Cantei no Teatro Colón, e foi súper guay, disfrutalo cos meus amigos foi o mellor.

Cando quedaches prendada dos Balcáns?

Tiña 9 anos e de forma aleatoria escoitei serbo croata por primeira vez e quedeime totalmente namorada. Foi o que coñezo eu como amor a primeira vista, empecei a investigar, escoitar cancións, documentales, libros, etc., e con 14 anos dinme conta que se quería coñecer a nación iugoslava tiña que falar a súa lingua porque non me podía quedar só coas traduccións en español ou en inglés. Empecei pola miña conta e empecei a grabarme en redes sociais, porque o meu soño era ser cantante alá. E fai un ano, tiven a oportunidade de cantar no estadio olímpico de Saraxevo, donde foron os xogos olímpicos de 1984. Estou moi feliz porque despois de 10 anos de amor imparable e constante, estou empezando a ter proxectos grandes.

Debo decir que o serbocroata na pronuncia é moi parecido ao castelán, está moi preto do grego. O grego e o castelán soan igual, os profes en EEUU din que se escoitades español e non entendedes nada, e grego, sin embargo hai algunhas letras eslavas que aínda non sei pronunciar moi ben.

Vínculo entre A Coruña e Bosnia

Hai un forte vínculo entre a xente de Bosnia e A Coruña, no momento máis crudo da guerra dos Balcáns viñeron moitos nenos e nais refuxiados aquí, e teñen a súa vida aquí. Sobre todo de Bosnia, pero en xeral todo o mundo coñece A Coruña polo Deportivo, incluso cando estiven por Saraxevo a última vez alguén coñeceu a Torre de Hércules na miña perna. En xeral os balcánicos teñen a España nun pedestal, eu creo que é polo fútbol.

Creo que teñen os pés na terra como nación, croatas, serbios, bosnios, montenegrinos, macedonios, eslovenos, teñen moi presente a deus, a fé, as tradicións. Teñen un ollo políticamente moi amplio, calquer rapaz de alí sabe moito máis que calquer rapaz de aquí de política. En xeral o seu estilo de vida, creo que a miña personalidade vai moi ben con eles

Como valoras o conflicto dos Balcáns?

Morreron máis de 200.000 persoas, definitavemente é un conflicto que teño máis que estudado, e nunca deixo de estudar. Ningunha guerra ten sentido, pero se algunha gaña o posto de non ter sentido definitivamente é a guerrra de Iugoslavia. Gustaríame que se falara máis do que hai detrais da guerra, o que lle deu a algúns que houbera o conflicto, a mala xestión... É moi difícil porque na tele ves que se di croatas se pelean contra serbios, pero é moitísimo máis. Diríalle a xente que investigara un pouco, porque é unha guerra que che abre os ollos como ningunha outra.

Pasar de cantar na casa a un estadio con 20.000 persoas

Estaba cero nerviosa, súper tranquila e soupome a pouco. Só estiven 3 minutos, cantei 3 cancións, pero sentinme súper arropada, a xente cantaba o meu nome e eu estaba flipando. Mentaliceime que tiña que estar tranquila, porque se estaba nerviosa ibaseme notar. Eu quería que a xente que comprara a entrada por min, disfrutase da miña parte. Sen dúbida foi un deses momentos que dixen pagou a pena, tiña eu razón de que o podía conseguir.

A miña nai nunca lle fixo moita gracia que me gustase todo isto, lógico, pero no momento no que foi ao aeroperto conmigo cando cantei en Zetra e veu que no aeroporto había periodistas, fans, etc, cambioulle a cara e como que lle quedou esa cara. Fixo click, xa non hai volta atrás, esta vai ser a vida da miña filla.

Cómo levas ser famosa alí e aquí ser unha cidadá coruñesa normal e corrente?

É o mellor que me pode pasar. Nos Balcáns podo ir a un supermercado normal, un amigo unha vez comparoume con Ana Mena, fai un ano, non agora. Creo que o longo plazo se a miña fama e a miña carreira se amplía vai ser o mellor que me poda pasar, ter a miña vida alí que é o que sempre soñei e a vez ter a miña Coruña que me manteña os pés na terra.

Hai uns meses estaba no aeroporto de Zurich, súper cansada e ven unha muller a pedirme unha foto, e máis xente empeza a coñecerme... non era só esa muller, foi moi curioso...

Un futuro nos Balcáns?

Cada día máis, teño 19 anos, son moi nova, pero teño claro que me gustaría formar unha familia algún día, pero teño moi claro que non vai ser tan fácil atopar con quen formar unha familia, porque estou tan namorada dos Balcáns, e teño tan claro que quero ser cantante, que como me dixo unha vez unha amiga, 'Laura tú solo puedes tener amantes porque estas casada con Yugoslavia'.

É verdade que cando eres unha muller coas cousas tan claras, tan ambiciosa, con tantas ganas de traballar en ti, eu estou estudiando unha carreira, non é tan fácil atopar a alguén, ata agora non me dera tanto de conta, pero agora que teño esa perspectiva de vida, qué sociedade... se fora un home esto non me estaría pasando

Estou estudiando filoloxía galego portuguesa, na UDC, se houbera filoloxía serbo croata estudiaria. Existe filoloxía eslava, en Granada, Madrid e Barcelona pero o temario era casi todo ruso. Son moi patriota galega, gústame moito a miña terra e a pesar de ser coruñesa, son do Porto do Son, de Baroña, de ahí o meu acento. O galego encántame, foi sempre o meu gran amor, na eso e en bacharelato, en segundo de bach, encantoume o temarío e queria estudiar máis

En Zadar, Croacia, hai facultade de estudos galegos, entonces se faltan profes ahí vou eu.

Proxecto de disco propio

A pregunta do millón. Encantaríame, teño mil cancións escritas, son moi pasional. Como dixo miña amiga só teño amantes, que me decepcionan moito continuamente, son como Taylor Swift un pouco. Hai que lucrarse, como decía Shakira, dos ex. A verdade é que teño moito, pero no mundo da música é tan complicado de a quen lle pertence. Eu non son productora, non sei producir, debería entrar nese campo, ser un pouco como Rosalía. Pode que este ano saque algunha canción, pero si non atopo o equipo correcto coas intencións correctas, cando deus queira...

Un libro

Non leo tanto, leo moi pouco para estar en filoloxía. Un libro que me marcou moitísimo 'La palabra más hermosa', de Margaret Mazzantini. Unha muller italiana, periodista, que vai aos xogos olímpicos de Saraxevo do 84 e narra o punto de vista, pero dentro de ser unha muller que non é balcánica. Fala da vida, do tema da maternidade, etc. Lino demasiado nova, con 12 anos e ecantoume a visión que me deu da vida.

Unha Película

Tampouco son moi de pelis, só veo anime. Non me gustan, xa estou cansa de ver a xente polo día, deixame ver anime cando chego a casa a descansar. Vin fai pouco Suzume de Makoto Shinkai, non inventa nada, pero Suzume fixo que me olvidase de todo durante dúas horas e tamén toca a maternidade, pérdidas, etc.

Unha canción

En Galego escoito moito 'Fuxan os ventos'. En serbo croata, 'Jugoslovenka' de Lepa Brena, é das miñas favoritas, é un himno antibélico que fala do patriotismo de Iugoslavia, hai un cantante montenegrino, un bosnio, un croata... un ritmo precioso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00