Sociedad
Banda deseñada

"Idol", das autoras Alba Chan e Ene, gaña o V Premio de Banda Deseñada "O Garaxe Hermético", que publicará Xerais en Vigo

O cómic, de carácter xuvenil, conta a historia de dúas rapazas que participan nun talent show musical

Alba Chan e Ene | Banda Deseñada Xerais / xerais

"Idol", das autoras Alba Chan e Ene, gaña o V Premio de Banda Deseñada "O Garaxe Hermético", que publicará Xerais na próxima primavera. O xurado, composto por Miguel Porto, Fernando Llor e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a enorme capacidade de conexión que ten Idol para empatizar co lectorado adolescente e visibilizar os seus gustos, problemas e ansiedades.

O cómic, que toma o título dun programa tipo talent show musical no que participan dúas amigas, que son as protagonistas principais, é unha historia xuvenil narrada graficamente desde un estilo achegado ao manga xaponés e no que vibran as ondas do K-pop coreano.

Ademais da capacidade de conexión do propio tema escollido polas autoras, o xurado destacou o excelente tratamento da cor, moi elaborado, a interrelación que se establece entre o tema da música e a ilustración, así como a presenza de viñetas nas que a composición dá lugar a imaxes moi gráficas das actuacións musicais das protagonistas, así como dos seus estados de ánimo.

Alba Chan reside en Pontevedra e é alumna de 3º Curso Profesional de BD na escola "O Garaxe Hermético". No seu traballo apréciase unha marcada influencia manga, sobre todo do manga europeo. Séntese cómoda tanto con técnicas tradicionais coma dixitais. No tradicional utiliza sobre todo rotuladores de alcohol, acrílico e tinta con plumilla.

Ene reside en Pontevedra é alumna de 3o Curso Profesional de BD na escola "O Garaxe Hermético". Na súa obra aprécianse influencias diversas, desde o cómic americano, pasando polo manga, ata o expresionismo alemán máis clásico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00