Vermú con SER
Sociedad

José Gil, o grande descoñecido en Galicia. Pioneiro do Cine Galego

José Gil, Pionero do Cine Galego

José Gil, Pionero do Cine Galego

30:04

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1698052166749/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

· Un rapaz de aldea que a finais do século XIX , sen sair de Galicia , foi destacado fotógrafo, director, operador de cámara, realizador , productor e exhibidor de cine.

· Realizou a primeira ficción do cinema galego: Miss Leyda (1916) con Castelao no reparto de actores.

· Percorreu Galicia proxectando películas e documentais, nun camión artellado por él: O CINEMÓBIL reclame nº2.

José Gil, nado en Rubiós ( As Neves) en 1870. Morre en Vigo no ano 1937.

José Gil. Pontevedra, provincia de Cine ,na orixe galega, é unha iniciativa de Via Láctea Films en colaboura con Cine na Rúa e Editorial Galaxia , apoiada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Visitas guiadas ó Cinebómil, proxeccións e o traballo directo de Ignacio Vilar e Manolo González, percorren ate finais de ano 30 dos concellos de Pontevedra , polos que pasou José Gil proxectando películas de Charles Chaplin e Harold Lloyd ( dous grandes recoñocidos actores humoristas do momento) xunto a documentais que él mesmo rodaba.

Ignacio Vilar. Director de cine e guionista. Todo o seu traballo o desenrola en Galicia.

Manuel González. Escribiu a biografía sobre Gil coa que gañou o Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023 “ Nos días encantados de Agosto .Biografía de José Gil”.

Esta fin de semana pasaron por Marín. Ate o luns pasado, estiveron en Pontevedra. Estiveron tamén en As Neves, Cuntis, Cambados, Poio, Soutomaior, Sanxenxo, Bueu….tentando poner en situación o cine daquel intre. No que a imaxe , a ambientación musical e a figura do explicador…a voz que con música en directo facía de narrador e lector para o espectador que naquel intre, maioritariamente carecía de estudos .Non sabía lér nin escribir.

Con Charles Chaplin e Harold Lloyd , González e Vilar, chegan á figura de José Gil. Un pontevedrés de Rubiós en As Neves, que, sen saír da súa terra, conseguiu ser a figura máis destacada, por percorrido profesional e intensidade na súa loboura , a prol da fotografía e o cine.

Entre música e cine, destaca tamén José Gil có monumento funerario que encargou a Francisco Asorey “Asorey” (*) tras a morte por tuberculose das súas tres fillas.

José Gil foi moitas cousas, ate representatnte de Ford.Capaz de argallar un sistema de proxección en calquer recuncho galego.Grabou aas primeiras imaxes en movemento de Galicia que se proxectaron en América.

Vilar e Gonzaléz, alí por onde van, tratan de buscar en imaxe, a relación de José Gil con esa localidade. Sábese por exemplo, que filmou secuencias dos arredores de Lalín e as festas populares. Un documental “ El último Vuelo de Loriga “ a Lalín 23 de Xuño de 1923. Gil agardou pola inauguración do monumento a Loriga para a estrea desta película, 5 anos despois. Foi no Salón Cine Deza.

Tamén se sabe que foi él o que filmou a primeira película de Ficción en Galicia. Descubrindo ademáis a un Castelao actor: Miss Ledya. A historia inspírase no atentadado de Sarajevo que desencadearía a Primeira Guerra Mundial. A rodaxe fíxose na Illa de Arousa, no balneario do Río Lérez en Monte Porreiro, en A Caeira e en Portosanto en Poio. A estrea foi o 3 de Marzo de 1916 no Teatro principal de Pontevedra.

José Gil percorreu moitas veces Marín coma director artístico da revista “ Vida Gallega”. En 1911 filma “ Maniobras Navales en las Rías de Galicia”. A súa filmació máis importante data de 1926, cando o Concello de Marín lle encarga un documental completo con temáticas propias da vila coma “unha viaxe de señoritas” pola ría ata Loira, o ensino nos colexios da Concepción e San Narciso, tarefas de pesca a base naval, o polígono Janer ou desfile de exploradores polo centro da vila. Titulado “Marín , sus paisajes y sus progresos”. Foi estreado no Cinema Quiroga o 14 de agosto dese mesmo ano. O camión do cinemóbil nº2 visitou Marín o 29 de outubro de 1929 e tivo unha gran acollida popular.

Seguintes paradas do Cinemóbil :

Vigo, O Grove ( 2-4 Novembro), Salvaterra, Tui,Vilagarcía ( 30 Novembro -2 Decembro ) e Ponteareas.

(*)La Muerte Acecha tras la Doncella. Asorey está considerado por algúns críticos, unha das figuras más relevantes da renovación da arte escultórica española do Século XX)

https://josegilcinema.gal/blog

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00