Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad

Un outono de festa no Rosal

Música, exposicións, maxia e a II Feira de Produtos son algunhas das actividades na Praza do Calvario durante dous días

Entrevista a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, sobre la Feira de Outono

Entrevista a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, sobre la Feira de Outono

07:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1697026850057/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Rosal

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación especial, a súa tradicional Festa do Outono do Pilar, que se celebrará os días 11 e 12 de outubro na Praza do Calvario cunha morea de actividades para todos os públicos.

A programación comezará este mércores a partir das 19:30 horas coa segunda edición dos Cantos de Taberna, organizados pola Asociación Xente Xida. Xa ás 22:00 horas o público poderá desfrutar do concerto do grupo Os Revenidos. Na sala de exposicións do Concello poderán visitarse a exposición do alumnado do obradoiro de pintura de Águeda Suárez e as tallas en madeira de Rafael Dorado.

O xoves 12 abrirá as súas portas a segunda edición da Feira de Produtos do Rosal, na que durante todo o día se poderá ver, degustar e mesmo mercar diferentes produtos como viño, mel, cervexa, polbo... A banda da Agrupación Musical do Rosal estará tamén na Praza do Calvario para acompañar á procesión e amenizar a mañá.

Xa pola tarde o público familiar poderá gozar coa actuación do Mago Teto ás 17:00 horas. O broche de ouro da xornada chegará cos actos do III Memorial Irmán Flores a partir das 19:30 horas, no que se homenaxeará aos músicos rosaleiros coa participación de Campantes de Baña, da Murga A Buxaina e do grupo rosaleiro Lirolai.

Este ano, debido a problemas de saúde dalgún dos cabaqueiros participantes, a tradicional demostración dos traballos da tella non terá lugar o día 12, senón que se traslada para o domingo 5 de novembro, encadrado nunha nova edición das Xornadas de Patrimonio.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00