Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad

Os mellores expedientes académicos de Tomiño teñen nome de muller

Cinco alumnas do IES Antón Alonso Ríos foron galardoadas co Premio Extraordinario de Bacharelato

De esqueda a dereita: María Fernández, Virginia Beiro, Laura Baquero, Laura Valvo e Mae Taylor, alumnas do IES Antón Alonso Ríos

Vigo

As estudantes do IES Antón Alonso Ríos: María Fernández Iglesias, Virginia Beiro Bernárdez, Laura Baquero Pereira, Laura Calvo Calzao e Mae Taylor Heredero foron galardoadas co Premio Extraordinario de Bacharelato, pasando a formar parte do grupo de excelencia composto polo alumnado coas notas máis altas de Galicia nesta etapa educativa e nas probas de acceso á universidade.

Un logro académico para María, Virginia, Laura, Mae e Laura que sitúa ao instituto tomiñés no camiño da excelencia, cunha alta porcentaxe de éxito no centro, que este curso contaba con nove posibles candidatos e candidatas a acadar este premio. Agora todas elas, estudantes de ensinanza pública, comezan un novo camiño educativo que queren continuar en Galicia cursando os seus estudos superiores en universidades da comunidade.

A de María Fernández Iglesias é unha carreira de fondo: elixiu Humanidades e Ciencias Sociais para cursar Bacharelato e acaba de superar as probas de acceso ao Conservatorio Superior de Música, obtendo a primeira mellor nota de Vigo e a segunda de toda Galicia na especialidade de clarinete. Agora quere estudar xornalismo ou dereito a distancia para poder compaxinar estes estudos coa súa carreira musical.

Virginia Beiro Bernárdez ten o seu futuro claro: gustaríalle traballar nun laboratorio como investigadora. Para conseguilo vai estudar o Dobre Grao de Química e Bioloxía. A alumna de Ciencias Laura Baquero Pereira comezará agora a súa nova etapa educativa estudando Medicina. A súa meta, ser xinecóloga. Por Ciencias tamén foi Mae Taylor Heredero, futura médica.

Laura Calvo Calzado cursou os seus estudos no IES Antón Alonso Ríos pola rama de Humanidades e Ciencias Sociais. Agora quere estudar psicoloxía,; aínda que o futuro pode levala por derroteiros máis artísticos, xa que tamén destaca en debuxo e pintura, disciplina na que tamén ten gañado varios premios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00