Política

PACor recupera a súa acta en Corcubión

A Xunta Electoral Central estima o recurso dos de José Ramon Rojo

A Coruña

A Xunta Electoral Central estimou o recurso presentado por PACor en Corcubión no que solicitaba a anulación dunha papeleta do PP pintada cun rotulador. Ese voto era o que outorgaba o segundo edil aos populares, un acta que perden en beneficio do Partido Autónomo.

Logo desta resolución o Partido Popular ten a posibilidade de presentar un contencioso electoral para revertir o díctame dado a coñecer nesta mañán. Fontes populares confirman que seguirán pelexando para recuperar ese concelleiro. O que non sufre modificación é a convocatoria do pleno de investidura, previsto para o 7 de xullo.

A día de hoxe a corporación de Corcubión estaría formada por 4 concelleiros do BNG, 2 do PSOE, e un edil de Sempre Corcubión, Partido Popular e PACor

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00