Política

Rouban os motores da planadora aparecida en Nemiña

Atopábanse nun almacén municipal en Os Muíños

Muxía

Os motores da planadora varada en Nemiña o pasado 24 de marzo foron sustraidos na madrugada de martes ao mércores. Os ladróns accederon a un almacén municipal situado en Os Muíños e fixéronse cos catro motores de alta potencia que portaba a embarcación. Logo da súa retirada do areal, estaba depositada nesa instalación á espera do que decretase o Xulgado de Corcubión. A Policía Xudicial pedira días atrás a destrución dunha embarcación que ten por principal uso o narcotráfico.

As forzas de seguridade investigan xa uns feitos que causaron estupor na vila da Barca. Segundo as primeiras pesquisas, os ladróns terían forzado unha pechadura e posteriormente, xa dende dentro, abriron un portón polo que sacaron os voluminosos motores da nave. As instalacións carecen de ningunha medida de seguridade, o que facilitou a actuación dos delincuentes. Ningún veciño sentiu nada extraño ás horas nas que, previsiblemente, tiveron lugar os feitos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00