Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"O Lugo somos nós", o berro da Federación de Peñas ante a xestión deportiva e social do CD Lugo

Sen previa e sen público durante os primeiros doce minutos de partido como símbolo de protesta

Comunicado de la Federación de Peñas del CD Lugo

Comunicado de la Federación de Peñas del CD Lugo

lugo

A Federación de peñas do CD Lugo érguese contra a xestión deportiva e social da directiva da SAD. Nun duro e contundente comunicado onde os siareiros subliñan " os graves problemas da entidade lucense".

Por unha banda dubidan da viabilidade económica da entidade, fixándose nas contas aprobadas en xunta xeral de accionistas expoñene que :" presenta uns resultados de explotación negativos durante os dous últimos exercicios de máis de 5 millóns de euros antes de impostos. Con semellantes cifras: cal é a viabilidade e que perspectivas de futuro ten a sociedade?"

Afean a facilidade coa que se prescindíu de empregados de toda clase. "Durante os últimos 8 anos desfilaron polo club 14 entrenadores, 8 directores deportivos, ademáis dunha multitude de empregados noutras áreas do club, que fixeron do CD Lugo unha entidade carente da máis minima estabilidade e que redundou nunha ausencia flagrante de proxecto deportivo."

Co cese de Fran Justo, anunciado case 30 horas despois de facelo internamente, falan dunha situación "de traca" e "esperpéntica". " Cun peche de mercado invernal no que no mesmo día o equipo quedou sen entrenador, sen director deportivo e sen o seu máximo goleador dando unha imaxe lamentable, vergoñenta e impropia", denuncian.

Recriminan á directiva a ineficacia á hora de "engadir activos" á entidades. "Nin a cidade deportiva para as súas categorías inferiores, nin a reforma integral do vetusto estadio Anxo Carro, nin un campo de entrenamento en propiedade para o primeiro equipo. Lonxe diso, 11 anos despois, o único que queda é unha débeda monstruosa", publican.

Sinten que o club viviu "completamente de costas aos seus siareiros xerando unha fenda insalvable coa súa xente, unha redución notable de asistencia e unha desafección polas cores albivermellas, ademáis dunha inexistente comunicación coas súas peñas durante os últimos 3 anos a pesar de térselle tendido a man en reiteradas ocasións".

Seguindo esta liña, desde e Federación de Peñas albivermella esixen a Tino Saqués "venda do seu paquete accionarial maioritario vista a nefasta xestión da que é único e máximo responsable" ademais de pedirlle aos siareiros "en mostra de disconformidade apracen a súa entrada ao estadio ata o minuto 12 de xogo no partido a disputar o vindeiro domingo contra a UD Ibiza. Unha vez dentro, corear Tino vaite xa e O Lugo somos nós"

A agrupación toma como medida a cancelación da previa do vindeiro domingo "que servía como punto de encontro dos afeccionados albivermellos" e anuncian a convocatoria dun encontro aberto a todos os afeccionados do CD Lugo o vindeiro mércores 8 de febrero " co obxecto de valorar novas medidas de protesta a desenvolver durante as próximas datas".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir