Sociedad

Retirada a prohibición do cultivo de pataca en todo o concello de Muxía

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Medio Rural sobre as medidas para a erradicación e control da avelaíña guatemalteca da pataca

A Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Medio Rural sobre as medidas para a erradicación e control da avelaíña guatemalteca da pataca conforme ás últimas decisións da comisión de seguimento desta praga.

Mediante esta publicación, a Xunta levanta formalmente a prohibición do cultivo de pataca en Muxía (A Coruña), que se mantiña ata o momento para evitar a expansión da avelaíña que afecta a este tubérculo.

Pasan a ser consideradas zonas tampón --espazos límite de contención en lugares que lindan con outras zonas inzadas e nas que se pode plantar pataca comunicando o cultivo-- a totalidade do concello de Muxía, incluídas as parroquias da Ou (Nosa Señora), Leis (San Pedro), Muxía (Santa María), Moraime (San Xulián), Ozón (San Martín) e Lendo (San Xián) na Laracha.

Ao tempo, mantense a prohibición de plantar pataca nas parroquias de Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro) en Arteixo; A Pedra (Santa María) en Cariño; Caión (Santa María do Socorro) na Laracha e San Xurxo en Moeche.

En Lugo, a prohibición do cultivo deste tubérculo segue en Burela e na parroquia de Santa María de Trabada, no concello homónimo.

Desde 2015

A praga de corentena da avelaíña guatemalteca da pataca detectouse por primeira vez en 2015. Na actualidade, os datos de seguimento de presenza deste organismo mostran un "avance significativo" na súa contención.

En 2019 chegaron a estar inzados 35 concellos, segundo apunta a consellería, que prevé que poida erradicarse nos próximos dous anos --é necesario que non se detecte ningún individuo desta especie durante dous anos seguidos--.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00