Política

Daniel Castro: “Estamos gobernados por tontos con garavata”

O patrón maior de Muxía califica ao comisario europeo de pesca como “pastor de renos

CEDEIRA, 23/03/2022.-Vista de la flota de pesca del puerto de Cedeira, en A Coruña, amarrada en el puerto desde hace tres días debido al paro convocado por las cofradías a raíz de la subida de los carburantes.- EFE/Kiko Delgado / kiko delgado EFE

Muxía

O patrón maior de Muxía, Daniel Castro, foi moi contundente nos micrófonos de Radio Nordés Cadena SER á hora de valorar a nova regulación pesqueira que entra en vigor este luns.  A directiva europea vai prohibir a actividade extractiva en caladoiros habituais para barcos da bisbarra. O responsable do pósito muxián  considerou que a situación vén provocada por “uns tontos con garavata que gobernan a pesca en Europa. Non podes ter un pastor de renos dirixindo a pesca e un tonto dun ecoloxista que non saben que é este mundo. Gustaríame saber que estudios fixeron para proteger a flora, non a fauna” manifestou. Daniel Castro cre que se lexisla de costas ao sector e lembrou que “o mundo real víveno os pescadores”. Por iso recomenda escoitar a súa voz para evitar que suceda “como nas cidades de cemento, onde pensan que o leite nace no tetra-brik…isto é algo igual”.

O vindeiro luns entra en vigor unha normativa pesqueira que sementa moitas dúbidas no sector. O goberno español tenta abrir vías de comunicación con Europa para acotar o alcance desa nova lexislación mentres que os profesionais do mar fanse á idea de ter que afastarse de algúns caladoiros tradicionais para eles. Daniel Castro non amosa confianza en que se poida modificar o acordado e foi contundente na súa resposta: “só confío na Conselleira de Pesca. O resto tanto dá e tanto ten. O goberno do Estado é o desgoberno… un goberno que se subiu o soldo un 4%. Agora é máis importante unha esponxa que un ser humano”.

Muxía é un dos portos máis afectados na bisbarra. Daniel Castro fala dunha situación que afectará “a dez ou once barcos”. Son buques que pescan nos cantís e que practican as artes do palangre, o arrastre e algún volanteiro. Na Costa da Morte hai dúas zonas incluídas na normativa, “unha afecta aos fisterráns e outra aos da nosa zona. No Ortegal hai outras dúas” explicou o patrón muxián.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00