A Guarda conmemora o día de Rosalía de Castro co sorteo dun lote de libros
Poderán participar neste sorteo as persoas que merquen libros en galego na vila

Día de Rosalía en A Guarda

O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do 188º aniversario do seu nacemento. Dende o Concello da Guarda unímonos ás múltiples homenaxes e actos de recordo cunha celebración en torno á súa obra e á lingua galega.
Deste xeito, o Concello da Guarda promove o sorteo de 2 lotes de libros, acompañados dunha taza coa súa figura e un CD de Tino Baz entre aquelas persoas que compren libros en galego nas librerías guardesas antes do 8 de marzo. O sorteo celebrarase no Salón de Plenos o martes 11 de marzo ás 13:30 horas.
Ademais desta iniciativa, que promove o consumo de libros en galego, poñeranse en distribución marcapáxinas con escolma dalgúns poemas de Rosalía nas librerías da vila e na Biblioteca.
Estes marcapáxinas contan cun deseño orixinal das artista miñorana Irene Silva, creadora da imaxe e proxecto artístico Rosalía Total.