Ocio y cultura

A Coruña lembra a Luisa Villalta, a poeta da Cidade Alta

O Día das Letras Galegas reivindica a figura dunha escritora polifacética que marchou con só 46 anos

A POETA LUISA VILLALTA NA CORU�A / � XURXO LOBATO © XURXO LOBATO

A Coruña

A Coruña, localidade natal de Luísa Villalta -e que bautizou como 'Cidade Alta'-, acolle este venres gran parte dos actos de homenaxe e celebración do Día dás Letras Galegas, entre eles, o tradicional Pleno da Real Academia Galega (RAG) e o concerto organizado polo Consello da Cultura Galega.

Más información

O pleno da RAG do venres será unha sesión pública, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto e celebrarase a partir das 12:30 horas no Teatro Rosalía. Emitirase en directo desde academia.gal e a canle de Youtube da RAG.

As alocucións sobre a homenaxeada serán pronunciadas polas académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e o académico Euloxio R. Ruibal.

A parte musical correrá a cargo da violinista da Real Filharmonía de Galicia, Kiyoko Ohashi, e da cantante e poeta coruñesa Estíbaliz Espinosa.

O repertorio incidirá nos gustos da dramaturga, poeta, narradora, ensaísta e articulista homenaxeada, ademais de violinista, vocación que apartou para dedicarse á docencia e á escritura, pero que non deixou de lado "como fonte de inspiración vital e literaria".

Euloxio R. Ruibal, Ana Romaní e Margarita Ledo profundarán en distintos aspectos da vida e da obra da autora, á que a RAG dedica este 17 de maio de 2024, coincidindo co vixésimo aniversario do seu falecemento por unha meninxite, aos 46 anos de idade.

E A Coruña tamén é o lugar elixido polo Goberno que dirixe Alfonso Rueda para organizar un gran acto institucional no Teatro Colón, ao que acudirán as principais autoridades da comunidade, empezando polo presidente, e que estará aberto a toda a cidadanía.

Los alumnos del IES Isaac Díaz Pardo de Sada recitan los poemas de Luisa Villalta en Hoy por Hoy A Coruña

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00