SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Baloncesto

Posibilidade para o COB de novos accionistas

O alcalde solicitou os grupos que manifesten se estarían dispostos a apoiar o acordo plenario

Posibilidade de novos accionistas no COB

Posibilidade de novos accionistas no COB / cob

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

De ser o caso, o Concello optaría por esta vía. Os grupos expresarían a súa opinión a semana próxima. Por outra banda, o alcalde e o concelleiro de Deportes informaron os voceiros de que o Concello ten constancia dun posible interese por parte de inversores privados por formar parte do accionariado do Club Ourense Baloncesto, equipo da Liga LEB Oro, do que o Concello é titular do 16% das accións, ao igual que a Deputación de Ourense.

A entrada de inversores podería producirse por dúas vías. Unha delas sería que o Concello lles venda as accións das qye é titular, e a outra sería realizar unha ampliciación de capital, coa que os inversores privados entrarían no accionariado, no que se mantería o Concello. O alcalde emprazou tamén os grupos a que manifesten a súa opinión acerca destas dúas opcións.

Porén, o goberno local garante que, no caso de que non chegasen novos accionistas , manterá o seu apoio ao club na mesma medida que nos últimos anos. Tamén á súa dircetiva, á que daria un voto de confianza en recoñecemento aos resultados acadados nas dúas últimas tempadas. En todo caso, de non chegar nos accionistas, o goberno local cre preciso facer un chamamento ao tecido empresarial de Ourense, pois entende que ´´ ten que dar un paso adiante se realmente queremos ter baloncesto de calidade na cidade´´.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00