Sociedad

María Xosé Fernández, alcaldesa de O Valadouro: "Da traxedia hai que sacar forzas para pedir máis medios"

A rexedora manifesta a impotencia dos Concellos para responder ante os incendios e relata o pesar que se instalou na vila

María Xosé Fernández, alcaldesa de O Valadouro: "Da traxedia hai que sacar forzas para pedir máis medios"

María Xosé Fernández, alcaldesa de O Valadouro: "Da traxedia hai que sacar forzas para pedir máis medios"

06:03

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713810831694/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Ferreira do Valadouro volve pouco a pouco á rutina tras o tráxico incendio que causaba o falecemento de dúas veciñas, nai e filla de 50 e 77 anos, nunha vivenda da localidade. O único supervivinte foi o pai dunha das vítimas, de 79 anos. A alcaldesa do Valadouro, María Xosé Fernández, traslada o seu fondo pesar pola situación do home: "É moi difícil pensar o que está pasando, non me imaxino ter que vivilo, o sentimento de pena que ten é moi fondo e pouco podemos facer para palialo".

Más información

A rexedora amosa o seu respeto pola intimidade do supervivinte e "dunha familia moi querida que queda totalmente rota" tras un suceso que ten a todo o municipio, tamén a ela mesma, segundo recoñece, "moi conmocionado.

Unha das primeiras decisións que tomou a corporación municipal, ademais de decretar tres días de loito oficial, foi a de impulsar un escrito, que redactará a propia alcaldesa, esixindo que se dote a comarca de máis medios de emerxencias. "É algo que moitas veces non pensamos ata que sucede", apunta, "pero xa cando tivemos o incendio en Santa Cecilia, que afectou sobre todo a Trabada e Ribadeo, vímonos impotentes".

Impotencia ante os lumes

Fernández pon de manifesto que moitos dos concellos da Mariña non teñen motobombas das que poidan facer uso en caso de emerxencia, e considera que todos os deberan estar dotados cun dispositivo deste tipo para dar unha resposta rápida e áxil ante un posible lume. "Xa foi algo que denunciei en máis ocasións, porque aquí estamos rodeados de madeira por todos os lados, e a posibilidade de que un incendio afecte á Mariña non se pode negar", destaca María Xosé Fernández.

Recorda ademais que "xa se ten falado da posibilidade de fusionar o servizo con Vilalba, pero non podemos estar a expensas de ter que chamar e esperar a que se desplacen". Opina pola contra que "debemos contar con medios suficientes, tanto materiais como persoais". Destaca, en todo caso, a labor que fixo o corpo de bombeiros: "Non se lles pode botar a culpa de nada, porque se portaron marabillosamente, isto está por encima das súas posiblidades".

Por estas razóns remitirá ese escrito ao resto de alcaldes e alcaldesas mariñanos, para que "poidamos facer forza común e pedir que se reforce o parque de bombeiros e o resto de servizos de emerxencias, como o GES ou o 061, para que poidamos telos cando as persoas os necesiten". Resalta o imprescidible que é que os profesionais conten con recursos, porque "son claves e poden chegar a salvarnos a vida, pero sen medios non poden facer miragres". É prioritario e imprescindible dotalos de recursos, apunta, e tamén cubrir as prazas cando está de vacacións, "pero moitas veces non nos damos conta ata que estamos no momento".

Fernández expresa a súa preocupación polo que puido ter pasado se o lume se comportase de maneira diferente e se estendese a outras partes do edificio: "Se tivera subido polas escaleiras poderíamos ter moitas máis desgracias". Por sorte, di, "a xente tivo a hablidade de saír ao balcón", nunha imaxe que lle recordaba a ela e máis ao resto de veciños ao incendio de Valencia: "Todo o mundo era consciente, polo menos era algo que a min me pasaba por dentro, a ansiedade daquelas persoas atrapadas naquel edificio".

Espera ter o documento listo ao longo desta semana, porque ata a o de agora, di, psicoloxicamente resultoulle imposible centrarse. Pide aos seus homólogos no resto de municipios da comarca que "sexan conscientes de que isto foi unha desgracia, pero temos que aprender dela e sacar forzas para pedir o que necesitamos, e impedir que volva suceder".

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00