Sociedad

Os últimos ferreiros da provincia: un oficio en perigo de extinción

Riotorto celebra a XV Feira do Ferro para conservar unha tradición secular que marcou a historia do municipio

Os últimos ferreiros da provincia: un oficio en perigo de extinción

Os últimos ferreiros da provincia: un oficio en perigo de extinción

06:29

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713546429453/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Fai varias décadas vivir en Riotorto significaba convivir ca banda sonora dos martelos dos ferreiros petando na forxa. "Dende as seis da mañá, parece que competían a ver quen se erguía antes para traballar, e a todas as horas do día escoitabas os mazos", conta José Mario Cabo, Pepe, ferreiro de profesión por herdanza familiar. "A xente estaba tan afeita que din que ata os relaxaba ese son", conta.

"Eso si que era traballar! Facían ao mellor trinta fouciños ao día, que eso é moitísimo", exclama o ferreiro. Conta que recorda como se cargaban a centos, envoltos en palla e papel, para facturar no tren e vender para fóra. Nesta época, apunta, "había ao mellor corenta ou cincuenta ferreiros en todo o pobo".

Agora quedan sobre dez, case todos en idade de xubilarse: "Eu xa me podía retirar, pero sigo non sei moi ben por que, que ganancia moita non dá". Está convencido de que é un oficio que acabará por perderse, porque "agora para dedicarse a esto, aínda nós que aprendemos de nosos pais e herdamos a ferramenta, costa moito saír adiante, imaxina empezar de cero... é imposible". A competencia industrial impide que a día de hoxe a de ferreiro sexa unha profesión rendible.

Pero precisamente por iso organizan cada ano a XV Feira do Ferro de Riotorto, para que a pesar de todo se manteña o recordo do oficio e a memoria que se creou arredor del durante séculos. "Estes días", explica Cabo, "é coma se Riotorto volvera ó século XVI". Nesa época extraíase o ferro das montañas do municipio e fundíase nas "ferrerías de monte". Unha recreación desta técnica será o plato forte da décimo quinta edición da feira.

Ao cargo estivo Thomas Mink, un ferreiro alemán instalado en Alcalá de Henares, que recreou o proceso. José Mario Cabo explica como se fai: "Antigamente extraíase o ferro das montañas, e fundíase alí mesmo, en fornos feitos con arxila que chegaban ata aos mil graos". O ferro de Riotorto era, sen embargo, un material "moi duro, e quedaba moita escoria que podía ter ata un 30% de ferro". "Esa é a explicacion", engade, "de que saíse tanto material de aquí para fundir nos altos fornos de Bilbao".

Ademais de Mik e outros ferreiros convidados, os de Riotorto fan demostracións das súas ténicas, como o "espalmado, que é como se facía cando non había electricidade, con dous homes petando na bigornia. Aínda que profesionalmente o de ferreiro é un oficio que sofre máis baixas ca altas, con este evento queda demostrado que o interese por esta forma de artesanía e grande, porque a participación na XV Feira do Ferro de Riotorto foi multitudinaria.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00