Directo

CONSEJO DE MINISTROS Los ministros Pilar Alegría, Óscar Puente, Ángel Víctor Torres y Diana Morant explican los acuerdos adoptados por el Gobierno

Sociedad

José Manuel Gómez: "A pataca converteuse nun cultivo de risco"

O presidente da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia fala da xornada técnica que desenvolveu hoxe en Xinzo de Limia

Xinzo de Limia

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, xunto coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria promove unha xornada técnica en Xinzo de Limia sobre a "Optimización do cultivo da pataca de calidade".

Na xornada falouse dos principais problemas aos que se enfronta a campaña 2024 "posiblemente haberá escaseza de pataca de semente, de feito xa os estamos a sufrir", afirmou o presidente da IXP Pataca de Galicia José Manuel Gómez. Ademais, tamén se falou do control da calidade fitosanitaria da semente e dos riscos do reemprego da mesma.

Doutra banda, fíxose referencia aos parámetros de calidade nun sector no que "o cultivo da pataca converteuse en cultivo de risco pola suba de custes, as baixas cotizacións e a incerteza". Dende a IXP animan aos produtores a apostar pola pataca de calidade e non de cantidade.

Na xornada participou o enxeñeiro agrónomo Fernando Alonso Arce, o profesional con experiencia en Medio Rural Carlos Mansanet e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Carbarcos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00