Sociedad

Grande Amore: "Aviseinas, pregunteilles se estaban seguras. Non me fixeron caso e pasou o que pasou"

Falamos co artista mariñán que se fixo viral en redes pola graciosa reacción dunha excursión de mulleres que asistiron as súas probas de son

Falamos con Nuno Pico, de Grande Amore, sobre o seu último fenómeno viral

Falamos con Nuno Pico, de Grande Amore, sobre o seu último fenómeno viral

11:44

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1712934729093/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Nuno Pico, de Grande Amore, faise viral en redes sociais pola graciosa reacción dunha excursión de mulleres que asistiron as súas probas de son. O artista lucense estaba facendo unha proba de son en Radio 3 para gravar un falso directo cando "apareceu unha señora que pedíu permiso para asistir". O propio vocalista do grupo díxolles que si.

E "sen dereito a réplica", bromea o artista, "aparecéronme ali 22 señoras que pensarían, sabe Dios, que irían ver a Jorge Drexler". O certo foi que todo o gozo das mulleres rematou nun pozo, e iso que foron advertidas. "Eu díxenelles o que van ver agora vai ser algo raro porque a música nosa entra toda polos meus cascos, non hai monitores, non se poden poñer para que non haxa acoples, e eu berro bastante... Non se asusten", relata.

As mulleres, malia estaren avisadas, "deberon pensar que era vergoña do artista". Preparaon os seus teléfonos para gravar o concerto privado e as reaccións non tiveron desperdicio. En canto comezou a cantar Nuno as caras de estupefacción das ali presentes son indescritibles.

Bocas abertas, ollos coma platos, unha muller tapándose os oídos..."houbo unha valiente que marchou aos 15 segundos de comezar eu a cantar", relata entre risas.

O grupo Grande Amore ven de colleitar grandes éxitos nos últimos meses. Cheos en salas de concertos con público entregado que chocan de frente coa reacción en cadena das excursionistas. Porén, dende o conxunto tómano con humor: "Son estas historias que pasan a ser anécdotas que contar. Curas de humildade por se algún día se despegan os pés da terra".

O grupo atópase inmerso na promoción do seu último traballo 'II', que presentará no club 'Ocho y Medio' de, Madrid. A banda está a vivir un dos momentos máis doces da súa traxectoria e agradecendo a boa acollida que está a ter a música en galego fora das nosas fronteiras.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00