Sociedad

Erik Dobaño: “Estamos pedindo que se revisen as zonas de aproveitamento eólico”

Stop Eólicos Xurés Celanova analiza en Radio Limia a situación dos eólicos na comarca

Entrevista con Erik Dobaño da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova

06:49

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1712915142987/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Xinzo de Limia

Estes días coñeciamos que foi arquivado o expediente do parque eólico Tramontana. Falamos do que supón este paso co voceiro da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, quen lembra que tanto o proxecto de Tramontana como Mistral recibiron declaración de impacto ambiental desfavorable.

Doutro lado, Dobaño fai un repaso da historia da plataforma, da colaboración co Club de Parapente Baltar, a mobilización social e o respaldo institucional que foron colleitando nos últimos meses na comarca da Limia. A plataforma contestou con alegacións, no ano 2021, a liña de alta tensión do Xurés, da Boullousa ao encoro das Conchas. Pouco a pouco foron sumando alegacións perante distintos proxectos eólicos.

Agora mesmo, informan dende a plataforma, está sobre a mesa do Ministerio de Transición Ecolóxica un proxecto de tres polígonos entre Castrelo do Val e Xinzo da Limia. Agardan esa decisión despois de presentar “milleiros de alegacións”.

Ademais, están tratando de se constituir formalmente para poder entrar nos procedemos xudiciais “que se poidan abrir de cara a futuro” e ademais, están pedindo que se revise o plan eólico, xa que consideran que “as zonas de aproveitamento eólico deben ser revisadas”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00