Sociedad

O enterro da sardiña máis inclusivo está en Burela

Os usuarios da Asociación de Saúde Mental da Mariña empregan dous meses en preparala en colaboración con Dambara, que pon a música

El entierro de la sardina más inclusivo está en Burela

El entierro de la sardina más inclusivo está en Burela

06:08

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707917753918/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O final dos carnavales que encheron A Mariña de música, cores e desfiles achégase. Nunha comarca que vive o entroido con paixón encaran agora o fito que marca o seu final. O enterro da sardiña, que impón o remate das festas, é motivo de chotos para os veciños, e á vez un dos días máis especiais do ano para unha parte deles.

Trátase dos usuarios da Asociación de Saúde Mental da Mariña en Burela. Desde fai oito anos elaboran unha sardiña que despois todos os veciños queiman na praia, en colaboración coa Asociación Cultural Dambara, que pon a música.

"Empezamos en Nadal e dende entón un grupo traballa oito horas diarias nela, dende os primeiros debuxos nos que decidimos como vai ser ata as últimas pinceladas, que damos o propio día", explica a directora da asociación que atende a saúde mental na comarca, María José Novoa. Está feita a man, con moito mimo e con materiais reciclados.

Conta que cada ano está convencida de que "é a máis bonita de todas", pero que os rapaces que a realizan "se superan en cada ocasión". Reafírmao Albano González, director musical de Dambara, que cre que "coa axuda inestimable destes compañeiros mellorou exponencialmente, porque é a máis bonita e a máis grande, como mínimo a que máis horas de traballo leva".

Integración

Os dous colectivos valoran moito a aportación que cada un fai á iniciativa, pero ambos destacan que o máis importante é a capacidade integradora que se demostrou que ten a actividade nos oito anos que levan desenvolvéndoa.

"A integración plena das persoas con enfermidades mentais crónicas, que é coas que traballamos, é o noso reto máis grande", explica María José Novoa. Por iso a elaboración da sardiña é especialmente a celebración do enterro é un día tan importante para eles, "porque se ve que isto o fixo un colectivo que tamén ten moito que aportar á sociedade, como por exemplo na conservación das tradicións".

Albano González destaca pola súa parte que "ademais estes rapaces participan activamente na organización e na comitiva, así que é importantísima a labor que fan". "Como un máis", apunta, "que é o que son".

Os dous se amosan moi agradecidos coa labor que fan as dúas asociacións, e conclúen que o importante é que cada un aporte o que mellor sabe facer. Pola noite, de camiño á praia para queimar a sardiña, Albano asegura que cumplirá co que mellor se lle dá, que é "beber un vaso de viño e comer un bolo preñado", bromea.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00