Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Política

Así afecta ao tráfico as obras na Avenida de Portugal de Tui

Mentres duren os traballos o acceso dende A Guarda e Portugal ao centro urbano deberá facerse pola A-55

Corte de tráfico na Avenida Portugal de Tui por obras

Tui

Este luns comezaron na Avenida de Portugal as obras para execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes por parte do Consorcio de Augas do Louro. Os traballos iniciáronse a altura do número 22, polo que é preciso cortar este punto da rúa en ambos sentidos mentres duren as obras.

Por este motivo o tráfico dende a estrada da Guarda ou dende Portugal cara ao centro urbano desviarase pola autovía, e mesmo dende o centro urbano cara a estrada da Guarda e Portugal. Así dende a intersección da rúa Martínez Padín, Colón, Augusto González Besada e Ourense, non se poderá circular en dirección á Guarda salvo residentes e servizos. Os vehículos deberán desviarse pola rúa Colón para acceder á autovía.

Os vehículos dende a estrada da Guarda ou dende Portugal se dirixan cara ao centro urbano deberán acceder a través da A55 tomando a entrada en Areas, xa que estará cortado o tráfico de entrada a Tui salvo a residentes e servizos. A execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes é o paso previo ao inicio das obras de humanización da Avenida de Portugal que nas próximas semanas executará o Concello de Tui.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00