Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O concello de Ponteareas e a Xunta estudarán as posibilidades de desenvolvemento dunha senda polo río Tea

Ángeles Vázquez e Nava Castro analizaron o proxecto para poñer en marcha un novo itinerario fluvial no municipio

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunida coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro. / xoán crespo

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunida coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Ponteareas para impulsar unha nova senda no río Tea. Así o acordaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Nava Castro, durante unha reunión que mantiveron recentemente para avaliar diversas cuestións de interese municipal.

Cómpre lembrar que o proxecto para executar unha senda fluvial ao carón do Tea está recollido no Plan de sostibilidade turística do concello e permitiría ofrecer unha solución efectiva e alternativa ao trazado actual, que se ve interrompido no tramo en que a Nacional 120 cruza o río.

Ao respecto, Ángeles Vázquez sinalou a importancia que ten apostar por actuacións deste tipo xa que as sendas fluviais poden actuar na práctica a modo de infraestruturas verdes, conformando unha rede interconectada de espazos e elementos naturais e urbanos na busca dun equilibrio ecolóxico.

Así mesmo, a vicepresidenta segunda e a rexedora tamén analizaron as posibilidades de ampliar o parque público residencial do Concello de Ponteareas pola vía da rehabilitación de edificios xa construídos.

Neste sentido, afondaron nas diferentes liñas de axuda e de financiamento que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo desde hai anos e que pon á disposición das entidades locais co fin de apoialas nas súas políticas en materia residencial.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir