O COB solidario con Special Olimpics
ASPANAS e As BURGAS, participarán na Liga Galega de Baloncesto Special Olimpics coas camisetas do club ourensán

O COB solidario con Special Olimpics / COB

O vindeiro mércores 4 de outubro, ás 17:30 horas, terá lugar a rolda de prensa de presentación das equipacións e equipos de ASPANAS e AS BURGAS de baloncesto.
Esta presentación, enmarcada no proxecto do Área Social do Club Ourense Baloncesto, ten como obxectivo presentar aos equipos de ASPANAS e AS BURGAS,
participantes na LIga Galega de Baloncesto de Special Olimpics, que lucirán as camisetas do primeiro equipo e contarán cada mes con xogadores nos seus
adestramentos.