Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

A Guarda acolle o último sábado de xullo o gran espectáculo 'Concerto de Malabares'

A Agrupación Musical da Guarda e a compañía de circo Pistacatro unen as súas forzas nesta peza única

O espectáculo 'Concerto de malabares' chegará o 29 de xullo a localidade de A Guarda

A Guarda

O vindeiro sábado 29 de xullo ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio de San Benito unha das grandes citas culturais do verán en A Guarda. Un concerto onde os malabares serán os bailaríns deste ballet aéreo, ao ritmo dos clarinetes, saxos e trompetas da Agrupación Musical da Guarda, que farán de pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxarán no ar os sentimentos e emocións que transmiten a música e o circo.

A banda municipal gaurdesa e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participarán case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común, cun repertorio concibido e ensaiado para esta ocasión. Con instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistrais obras, clásicas; pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

O espectáculo 'Concerto de malabares' é na actualidade un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico en Galicia, concebido pola prestixiosa compañía de circo Pistacatro, está ideado para poder ser desfrutado por público de tódalas idades, albergando un especial valor familiar e educativo debido ó contido pedagóxico que inspira todo o proxecto. Sen dúbida a emoción e a diversión están garantidas, para crianzas, adultos, amantes da música, de pasar un bo rato e sobre todo para todo o que este aberto.

Este espectáculo é financiado parcialmente con cargo ao programa do “Cultura no Camiño 2023” da Xunta e para facerse realidade precisou do traballo conxunto da compañía Pistacatro e a Agrupación Musical da Guarda, que se remonta a principios de 2023.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00