Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Escape Room

O Rosal será unha escape room o mércores 28

A actividade celebrarase o mércores 28 de xuño a partir das 19.30 horas. Necesaria inscrición previa ata o 22 de xuño

O Rosal énchese de enigmas e desafíos.

O vindeiro mércores 28 de xuño, a Praza do Calvario acollerá un divertido escape room, unha actividade de balde ao aire libre que levará a todas as persoas participantes a percorrer a contorna na procura de adiviñas e probas coas que conseguir rematar un circuíto que abarca dende A Soberbia ata o Campo da Feira.

O escape room está aberto a todos os públicos e comezará ás 19.30 h, hora na que os equipos de entre 2 e 6 persoas poderán comezar a súa particular busca. Para participar é necesaria a inscrición previa, polo que as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a conserxe@orosal.gal co asunto Escape Room e os datos completos de todas as persoas participantes, así como DNI e teléfono de contacto. A data límite de inscrición é o vindeiro 22 de xuño.

A actividade terá unha dificultade media-alta e unha duración estimada de hora e media. As e os maiores de 12 anos poden participar de forma independente, mentres que os máis pequenos e pequenas deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Para participar será necesario levar un teléfono móbil con batería e conexión a internet e bolígrafo e papel ou libreta para tomar notas durante o desafío. O percorrido estará marcado con códigos QR situados estratexicamente en distintos puntos ao longo de todo o circuíto.

Ao finalizar o escape room, participantes e veciñanza poderán gozar da música en vivo co grupo Terapia de Grupo, creando un ambiente festivo e animado para pechar a xornada.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar nesta divertida actividade deseñada para entreter e desafiar a persoas de todas as idades e que promete ser unha experiencia emocionante e inesquecible.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00