Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau
Este domingo miles de persoas partirán en comitiva e de rigoroso loito dende a praza de San Fernando

Comitiva fúnebre durante o último Enterro do Bacallau celebrado en Tui en 2020. / Nunes

Tui
As celebracións do Entroido rematan este domingo 26 de febreiro en Tui co tradicional Enterro do Bacallau. A partir das 19:30 horas, miles de persoas partirán en comitiva dende a praza de San Fernando para despedir esta celebración nun desfile ao que asistirán as once comparsas que participaron no desfile-concurso do Martes de Entroido, xunto a todas aquelas persoas que o desexen, sempre de rigoroso loito.
A comitiva sairá dende a praza de San Fernando, para percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, o paseo da Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes para realizar o funeral e cantar as coplas ao bacallau. A comitiva continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no aparcadoiro municipal (na traseira do edificio Francisco Sánchez) onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo estará prohibido o estacionamento no aparcadoiro municipal dende as 11:00 até as 22:00 horas.