'Baixamos ao café', o novo espazo de debate político e social de Hoy por Hoy Lugo
Todos os xoves no magazine lucense poñeránse sobre a mesa os temas que marcan a axenda da cidade e provincia

Tertulia "Baixamos ao café" (09/02/2023)
31:31
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Tres con leite e un cortado. Con estes cafés charlarán Cosme Pombo, Carlos Portomeñe, José Luis Díaz e Luis Asorey todos os xoves a patir da unha da tarde no Hoy por Hoy Lugo que presenta Sara Meijide.
Nesta nova etapa de programación local, os catro lucenses, con pasado na política local e autonómica, sentaránse na mesa de debate do magazine de Radio Lugo para tratar os temas que marquen a axenda política e social da cidade e da provincia.
Neste primeiro encontro os tertulianos analizaron temas como o proxecto do Museo da Romanización de Lugo, a polémica finalización da rolda leste, así como o xuízo, trinta anos despois, do asasinato do Cash Record.
O debate da rúa pásase aos micrófonos de Hoy por Hoy Lugo. As diferentes opcións que houbo ao redor do futuro da Casa cuartel de San Fernando volven a debate. Malia que semella existir acordo entre Xunta e Concello para facer realidade máis pronto que tarde o Museo da Romanización de Galicia, os tertulianos recordan as opcións de convertirlo en Parador ou colexio público.
Chegarán a bo porto as negociacións entre Xunta e Concello para facer realidad un proxecto que leva sendo protagonista de pelexas políticas dende o 1996?
Portomeñe, Pombo, Díaz e Asorey tamén analizan o enrocamento dos traballos de avance da Ronda Leste. O goberno de Rueda asegura que esto xa estaba previsto dende hai anos e que a postura do BNG e Ciudadanos de Lugo responde a un interese partidista e a unha maniobra electoraslista de cara a maio.
O xuízo polo dobre asesinato do Cash Record ocupou os derradeiros minutos de tertulia. Único punto de consenso entre toda a mesa: "unha pena". A cidade de Lugo segue pendente do que podería ser o xuízo e o caso más mediático das últimas décadas.