Tui e Valença recuperan a súa Cabalgata Internacional
Os Reis Magos de Oriente farán un percorrido de 3 quilómetros e medio que rematará no Paseo da Corredoira
Cartel de la Cabalgata de la Eurocidade Tui - Valença en 2023.
Tui
Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal e este ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros e medio de percorrido.
Deste xeito, os Reis Magos de Oriente visitarán as rúas de ambos municipios, con saída dende a cidade portuguesa e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui preto das 19:00 horas para recibir aos máis pequenos que queiran pedir os últimos desexos. Melchor, Gaspar e Baltasar, xuntos aos seus paxes reais, chegarán ás 16:00 h da tarde en tren á Estación de Valença e, preto das 17.30h terá lugar a saída da comitiva real polas rúas valencianas. Alí percorrerán a Avenida do Colégio Português, a Avenida Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira e Avenida de Espanha antes de cruzar a Ponte Internacional sobre o río Miño.
Unha vez chegados a Tui, os Reis Magos continuarán o percorrido pola Avenida de Portugal, a Rúa Martínez Padín, a Rúa Augusto González Besada e chegarán a destino final, o Paseo da Corredoira e a carpa alí instalada onde recibirán a nenos e nenas dende ás 19h até as 21h da noite para recibir os derradeiros encargos de agasallos.
Nesa comitiva organizada polo departamento de Cultura do Concello de Tui e os seus homólogos da Cámara Municipal de Valença, haberá tres carrozas municipais que encabezarán cada un dos Reis Magos xunto a outras catro que encherán as asociacións tudenses Arume de Malvas, Lembranzas de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe. En total haberá 200 participantes entre figurantes, músicos e persoal de organización e seguridad. Amais, repartiranse máis de 1.300 quilos de caramelos sen gluten para todos os participantes.