Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

O Camiño Portugués da Costa como fío condutor do Obradoiro de Emprego na Guarda

Concello da Guarda continúa traballando cara á promoción e mellora do tramo do Camiño Portugués da Costa que pasa pola vila, un indubidable revulsivo que está provocando un gran desenvolvemento económico e posibilita a desestacionalización do turismo.

Vigo

A ruta xacobea é un dos nosos mellores recursos e está sendo, sen dúbida, un factor clave á hora de desestacionalizar o turismo. A afluencia de peregrinos/as prodúcese durante todo o ano, incluso durante aqueles períodos nos que tradicionalmente son considerados temporada baixa para o turismo.

É evidente que o Camiño xera economía e sinerxías, grazas a el visítanos xente que consume no comercio local, a restauración e as pernoctacións, por todo isto desde o Concello da Guarda se segue apostando firmemente por fomentar a súa promoción e a mellora das contornas polas que descorre.

Froito desa aposta nace o proxecto de obra que se desenvolverá este ano no Obradoiro de Emprego e que estará centrado en mellorar diversos puntos do Camiño ao seu paso pola Guarda. Levaranse a cabo actuacións a nivel de obra, xardinería e forestal en varias zonas de Camposancos, na zona dos Seixiños, baixada á Fedorento, etc.

Estas intervencións permitirán embelecer, aínda máis se cabe, estes espazos e, sen dúbida, mellorar a experiencia dos peregrinos e peregrinas que nos visitan para que a súa viaxe pola nosa terra resulte unha experiencia inolvidable.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00