Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

O Concello da Guarda optará a financiación a través de Fondos Europeos para a última fase de modernización do seu mercado

Este proxecto inclúe diversas accións que promoverán que o mercado municipal poda proseguir o seu proceso de adaptación aos novos modelos e hábitos de consumo e sexa máis sostible.

Vigo

O pasado 4 de agosto presentouse ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo un proxecto integral de apoio ao comercio establecido no mercado municipal da Guarda no que se solicita unha axuda de 261.172€ procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A intervención ten como obxectivo converter o mercado municipal, un referente en calidade, nun espazo para a cohesión social que actúe como tractor do comercio minorista, e en definitiva como dinamizador económico para o resto do comercio local.

A clientela que acude a día de hoxe ao mercado ten diversas motivacións: buscan a calidade dos produtos e unha boa relación calidade-prezo, queren impulsar a agricultura e os produtos locais, buscan o ambiente e o bo trato do mercado e, para outros/as, ir á praza é cuestión de costume. A través desta intervención o que se pretende é mellorar a experiencia de compra desa clientela habitual e, sobre todo, captar a nova clientela e conseguir que acaben acudindo ao mercado para facer a súa compra diaria, e non só dun xeito ocasional.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00