La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece o programa "Música nas parroquias" para colaborar na celebración da Festas das Angustias

As celebracións arrancan mañá venres 19 de Agosto e rematan o domingo 21, achegando o Concello a actuación da Banda de Música do Val Miñor, Orquestra Costa Blanca e D´Lider

Vigo

O Concello de Nigrán colabora coa comisión de Festa das Angustias a través do programa municipal ‘Música nas Parroquias’ achegando a actuación da Banda de Música do Val Miñor, Orquestra Costablanca e D´Lider aos festexos que comezan este venres e rematan o domingo. Os seguintes eventos cos que colabora o Concello son San Roque de Camos e Bo Xesús de Priegue.

O venres terá lugar a actuación da Banda de Música do Val Miñor ás 19:00 horas; ás 19:30 saída dos 'Xigantes e Cabezudos' da Casa do Concello cara a igrexa das Angustias, ás 20:00 horas a gran tirada de fogos e ás 21:00 Banda de Música do Val Miñor con verbena a partir das 22:00 horas a cargo de D´Lider e Kamelot. O sábado 20 de agosto tocará a Agrupación Musical de Belesar ás 10:00 horas, despois da Misa Maior e previamente á verbena con Alabama e S´Vigo. Finalmente, o domingo 21 será o turno da Unión Musical de Guláns e Costablanca.

O programa 'Música nas Parroquias' do Concello de Nigrán naceu hai tres anos para apoiar as festas patronais do municipio, moitas delas organizadas ao 100% desde o consistorio ao non terse constituído comisións. Destes cartos, a Deputación de Pontevedra achega 10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos.

“Iniciamos este programa co Covid-19 para poder manter as festas pese a ausencia de comisións organizadoras e apostamos pola súa permanencia para garantir a pervivencia das mesmas porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00