A Concellaría de Medio Ambiente abre un novo expediente de penalidades á Urbaser
Trátase do segundo informe negativo no último ano e refire deficiencias na rotulación, limpeza e reparación de contenedores así como na recollida de voluminosos

Concello de Redondela / redondela.gal

Vigo
A concellaría de Medio Ambiente de Redondela vén de presentar un novo expediente de penalidades contra á concesionaria do servizo de recollida de lixo do municipio, Urbaser. Trátase, segundo constata o actual responsable do departamento, Roberto Villar, do segundo informe negativo no último ano e ten que ver de novo coas deficiencias detectadas no desenvolvemento do servizo e o incumprimento reiterado do prego de prescripcións técnicas asinado coa concesionaria.
Entre outras, o expediente de Medio Ambiente refírese a que os contenedores carecen da rotulación necesaria (non conteñen o horario e días nos que se poderá efectuar o depósito do lixo); non se está a proceder á súa desinfección mensual (ou non se pode certificar xa que Urbaser non remite os informes) e non se están a reparar nin a repoñer. Tamén apunta o informe á recollida de voluminosos, constantando que non se está a cumprir co prazo de 48 horas para a súa recollida, tal e como figura no prego de prescripcións técnicas.
O actual concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, “lamenta que a reunión levada a cabo o pasado 22 de xuño en Valladolid co xefe de zona de Urbaser, Óscar Sanzo, para buscar solucións aos incumprimentos finalmente non servira para avanzar e esixe unha solución definitiva”.