Campionato galego de base de conxuntos
No pavillón municipal de Os Remedios de Ourense, disputouse o campionato galego de base de conxuntos.Ourense estaba representado por cuatro conxuntos pavillonistas
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/U6GABOFAVNI35IBAOCPOSV5WLQ.jpg?auth=f1626acb221e07a97691152ca98a93fbad9c85550c1c44779905e9935568c21b&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Equipo ourensano en plena competición / Club Ximnasia Pavillón
![Equipo ourensano en plena competición](https://cadenaser.com/resizer/v2/U6GABOFAVNI35IBAOCPOSV5WLQ.jpg?auth=f1626acb221e07a97691152ca98a93fbad9c85550c1c44779905e9935568c21b)
Ourense
Na cancha central do Paviilón dos Remedios disputouse o campionato galego de base de conxuntos. Ourense estaba representado por cuatro conxuntos pavillonistas, un prebenxamín, dous alevíns e un xuvenil. Os catro conxuntos participarán no Nacional que terá lugar en Valladolid nos días 8 ó 13 de novembro.
Na categoría prebenxamín, o conxunto do Club Ximnasia Escola Pavillón (Claudia, Mariña, Candela, Noa, Paula, María e Laura) foi o único participante. Realizaron dous briilantes exercicios, nos que obtiveron mellor nota que no Campionato de Promoción do mes de xuño, nos que xa foran campionas galegas.
Na categoría alevín o Clun Ximnasia Pavillón participaba con dous conxuntos. Antía, Daniela, Sara, Noa, Candela, Laura e Carla, conseguiron a prata, tras o conxunto pavillonista de primeiro ano nesta categoría (Iria, Carmen, Vera, Sabela, Sara, e Uxía) quedou en carta posición.
Na categoría xuvenil, o conxunto formado pora Marta, Ainoa, Yanira, e Lidia, conseguiu o bronce, sendo campión galego o Club Treboada e segundo clasificado o conxunto do Club As Triscas.
Xa pola tarde, e a porta pechada tivo lugar o control que decidirá os cinco conxuntos de nivel absoluto que representarán a Galicia na Copa de España de conxuntos. Presentaronse a este control catorce conxuntos de categorías alevín, infantil, junior e senior, entre eles tres conxuntos do Club Ximnasia Pavillón (infantil, junior e senior). Será no transcurso desta semana cando os clubes recibirán a notificación dos equipos que conformarán esta selección.