Álvaro Santos: “A de Campos é a man máis tendida da provincia”

Álvaro Santos, vicepresidente de la Diputación de Lugo / Deputación de Lugo

Lugo
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, destacou que Darío Campos continúa coa man tendida para chegar a consensos co resto de partidos para sacar adiante iniciativas para a provincia. Segundo apuntou, "non hai rencor co BNG" pola súa marcha do goberno provincial.
Álvaro Santos mostrouse agradecido á confianza posta na súa persoa por parte de Darío Campos ao encomendarlle a área de Cooperación cos Concellos. Segundo destaca, "non é unha área allea, xa que a xestionei na pasada lexislatura", resume.
En relación aos asuntos de goberno, Álvaro Santos destacou a aprobación do Plan de Obras e Servizos en toda a provincia, os Servizos de Axuda ao Fogar, con anticipos aos concellos do 90% do importe, ou o Plan de Emprego provincial, así como axudas nominativas aos concellos e asociacións.