Matinal Galego Hoy por Hoy Lugo, 8.20
25/11/2021
Matinal Galego Hoy por Hoy Lugo, 8.20
13:28
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O gromo de Covid no colexio dos Franciscanos sigue acumulando máis contaxiados, contabilizándose no día de onte un total de 25 positivos, 23 alumnos e dous profesores. O home acusado de intentar matar a outro cunha foz, no barrio da Chanca, alega que a agresión produciuse nun forcexeo entre ambos. A fiscalía pidelle doce anos de cadea por tentativa de asasinato. O xulgado de primeira instancia número un de Lugo conclúe a investigación do dobre crime do Cash Record, e punta que existen serios indicios que incriminarían ao único procesado. Traballadores da factoría de Vestas en Viveiro retomaron onte ás protestas cun corte de tráfico, sobre ás cinco da tarde, a altura da entrada a Viveiro en O Barqueiro. A asociación gandeira "Agromuralla" ameaza cunha folga de entregas diante dos baixos prezos da leite. Os hostaleiros respiran aliviados diante das mínimas restriccións imposta pola Xunta de Galicia. O concello de Lugo avanza na erradicación do fibrocemento cunha nova actuación no grupo La Paz, en Fingoi. Xa se pode consultar en tempo real o seguimento das liñas de transporte urbano na cidade de Lugo. A organización do Resurrection Fest deu a coñecer o cartel definitivo da vindeira edición deste festival en Viveiro, e confirmou novas incorporacións a programación entre elas o grupo estadounidense Mastodon.
Episodios anteriores