1. Podcast
  2. Actualidad

Hoy por Hoy Matinal Galego Lugo 8.20

20/08/2021

Hoy por Hoy Matinal Galego Lugo 8.20

12:19

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O alcalde de Rábade, Kiko Fernández Montes, desvincula os contaxios pola Covid no concello da hostalería e das festas da semana pasada. O concello de Rábade é o único da provincia de Lugo que se atopará dende maña en nivel alto de restriccións. O diario El Progreso informa oxe de dous gromos, ambos de poboación xove, nos concellos de Barreiros e Monforte. Na costa, o gromo está localizado nun bar e nun bloque de apartamentos. No centro de saúde de Viveiro, os médicos atenden diariamente entre 90 e cen persoas, segundo denuncia a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de A Mariña. A ex alcaldesa de Sarria, Pilar López, asegura que ela abandonou a executiva do PSdeG polo secretario de organización, o tamén lucense José Antonio Quiroga. O Sindicato Labrego Galego denuncia que a Xunta desestimou a modificación de parada do transporte escolar que solicitaran dúas familias de alumnado de Educación Infantil e Primaria de Vilalba. Queren que se aproxime aos pícaros o seu domicilio no barrio de Casanova. Lugo Monumental quere as terrazas o cen por cen da súa capacidade. A Deputación de Lugo concluiu a execución do 75 por cento do Plan Iluimina, un programa dotado con 723 mil euros co que a institución provincial axuda aos concellos da provincia para aforrar costes enerxéticos.

Episodios anteriores

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00