Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (20/08/2020)
20/08/2020
Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (20/08/2020)
10:14
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O brote de coronavirus Covid-19 detectado nun edificio no municipio de Monforte de Lemos ascende a 28 casos, 19 máis que os comunicados inicialmente. Así o informou a Consellería de Sanidade, que indicou que na xornada de onte levaron a cabo 70 probas PCR en relación con este rebrote. O Concello de Monforte de Lemos decidiu suspender a feira do libro que ía celebrarse entre o 26 e 29 de agosto na Rúa Cardeal. E varios negocios monfortinos deciden cesar a súa actividade por responsabilidade ata que a situación remita. O Concello do Incio anunciou que un traballador da residencia deu positivo en Covid-19. Tras recibir a notificación do Sergas, o consistorio informou de que todo o persoal e usuarios foron sometidos a probas PCR para poder coñecer o seu estado. Así mesmo, o Goberno local do Incio informa de que reforzará os labores de limpeza e desinfección. E piden os veciños que extremen a precaución e cumpran as normas sanitarias. Un novo positivo por coronavirus confirmado en Sarria obriga a gardar corentena a un equipo médico e a varios membros das forzas de seguridade que estiveron en contacto coa persoa contaxiada á espera de coñecer os resultados dos seus test. Ata o momento son nove os casos de Covid-19 no municipio de Sarria, todos eles asintomáticos. Cinco, gardan relación entre si ao participar hai días nunha reunión de persoas con lazos parentales e laborais. Os tres positivos restantes son doutro núcleo familiar que convive na mesma casa. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dá por controlado o brote da Mariña. Mentres os casos activos na área sanitaria da provincia de Lugo seguen subindo, tras rexistrarse no último balance 23 casos mais, para un total de 136. A presión hospitalaria tamén vai en aumento, no Hospital Universitario Lucus Augusti hai 6 persoas ingresadas, dúas delas na unidade de coidados intensivos. Ata a data detectáronse na nosa provincia 1.428 casos de Covid-19, con 1.263 persoas recuper
Episodios anteriores