Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (17/08/2020)
17/08/2020
Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (17/08/2020)
10:20
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Hai un novo brote de coronavirus que afecta a seis persoas en Pedrafita do Cebreiro e que obrigou a que un total de 35 estean a gardar corentena. Mentres os brotes de Castro de Rei, polo positivo dun xornaleiro, mantense en seis positivos e máis de 50 persoas en corentena. No municipio veciño de Cospeito tamén hai un brote, que parece estar estabilizado, con 10 persoas infectadas. En canto aos casos activos, a provincia de Lugo suma seis casos novos e, como novidade, un paciente infectado atópase ingresado na UCI do Hula. Do total dos 110 casos da provincia, cinco permanecen hospitalizados. O resto están nos seus domicilios. Ata o día de hoxe na nosa provincia detectáronse 1.390 casos positivos por Covid-19 con 1.251 persoas recuperadas e 29 falecidas. Desde as doce a noite o ocio nocturno baixou o enreixado coa incerteza de saber cando poderán volver abrir as súas portas, os hostaleiros piden medidas e axudas para o sector. Hoxe comeza a extensión do prazo de consultas do Expediente de Regulación de Emprego de Alcoa. Comité de empresa e a multinacional terán agora ata o 28 de setembro para chegar a un acordo, mentres a empresa negocia a venda da factoría de Aluminio ao grupo Liberty House. O Concello de Lugo confirmou que manterá a celebración do Caudal Fest e axustarase "ás máis estritas cautelas sanitarias" para cumprir coas novas pautas de control da pandemia. Desde o goberno municipal explican que manteñen un "contacto directo" cos organizadores para que o evento se vaia adaptando, se fose necesario, ás novas normas. Con todo, se a situación sanitaria empeorase poderían chegar a suspenderse os concertos. Comezaron os traballos de soterramento das liñas eléctricas do Polígono do Ceao. A área de Medio Rural do concello de Lugo instala unha nova ducia de puntos de luz na urbanización Os Beleos, en Soñar. A Deputación de Lugo duplica o investimento en prevención de riscos laborais polo aumento do persoal e para combater a Covid-19. Os premi
Episodios anteriores