Colisiones múltiples
Hoy por Hoy Matinal Lugo
Matinal Galego Hoy por Hoy Lugo, 8.20
Segundo informa "El Progreso", susto en Monterroso ao arder onte, despois das sete e media da tarde, una furgoneta cargada de pinturas e barnices na rúa da Xesta. O final os bombeiros lograron controlar o incendio. E onte pola maña producíase un accidente múltiple na A-6, a altura do concello de Baralla, ate cinco vehículos víronse implicados, tres camións e dous turismos. Resultou ferida a conductora dun dos turismos. A consellería de Sanidade comunicou o pasamento de duas mulleres por Covid, de 83 e 90 anos no HULA, o pasado sábado oito de xaneiro. Seguen a medrar ós casos activos na provincia de Lugo, son 6.875 cinco deles na UCI. Segundo o xerente do área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, aumentan ás hospitalizacións sobre todo de xente que vai con outra patoloxía e se lle detecta a Covid. Son seis xa ás xogadoras do Ensino que deron positivo. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anima aos seus veciños a que se fagan tests de antíxenos, de forma gratuita, neste concellos ós luns, mercores e venres. O alcalde de Xermade, Roberto García, protesta porque ás veces se atopan sen médico no centro de saude onde chegaron a ter ate tres facultativos. O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, presentou ós avais para liderar o PSdeG-PSOE de Lugo. O presidente da Federación Galega do Comercio, o lucense José María Seijas, lamenta que ás rebaixas perderan forza dende a súa desregularización en dous mil doce. A Policía Local de Lugo tramitou sancións de ate 900 euros a sete xoves sorprendidos cando orinaban na vía pública o pasado fin de semana, tres deles en muros da Catedral de Lugo.
11/01/2022 | 12:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1641889423_342290/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>