Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ribadavia lanza o programa “Concilia na Pascua”

Un servizo de conciliación para nenos de 3 a 14 anos

Cartaz de Concilia na Pascua 2025. / Cadena SER

Cartaz de Concilia na Pascua 2025.

Ribadavia.

O Concello de Ribadavia vén de lanzar unha nova edición do programa "Concilia na Pascua 2025", unha iniciativa que busca facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas do municipio durante o período vacacional da Semana Santa.

O programa desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 08:30 a 14:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, nados antes do 31 de decembro de 2021. A actividade, ademais de proporcionar un servizo de apoio ás familias, ofrecerá un espazo educativo e lúdico para que os máis pequenos poidan desfrutar dunha experiencia enriquecedora que contribúa ao seu desenvolvemento persoal e autonomía.

O "Concilia na Pascua" contará cun total de 40 prazas, das cales dúas estarán reservadas para nenos e nenas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%. As solicitudes poderán presentarse do 26 de marzo ao 2 de abril a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia (ribadavia.sedelectronica.gal) ou de maneira presencial no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Para que a inscrición sexa válida, será necesario achegar a documentación requirida xunto co xustificante bancario do pagamento da taxa correspondente.

Os criterios de selección priorizarán as familias nas que ambos proxenitores estean traballando, seguidas daquelas nas que un deles preste atención a persoas dependentes ou menores de tres anos, así como as familias monoparentais, numerosas ou con menores con discapacidade. No caso de existir máis solicitudes que prazas dispoñibles, aplicarase unha listaxe de espera baseada nos mesmos criterios de prioridade.

Os prezos do programa varían en función do empadroamento. Para as familias empadroadas en Ribadavia, a taxa xeral será de 20 euros, mentres que para as familias numerosas, monoparentais ou con nenos con discapacidade, así como para o segundo ou máis irmáns, será de 10 euros. No caso de persoas non empadroadas, o custo será de 36 euros e de 30 euros para as categorías bonificadas.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar as bases do programa na sede electrónica do Concello ou contactar co Departamento de Servizos Sociais.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir