Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

En liberdade as 8 persoas detidas nun operativo antidroga en Verín

Ademáis descubriron a posibilidade de que existan malos tratos sobre a muller

Xulgado de Verín. / red

Xulgado de Verín.

Ourense.

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Verín puxo en liberdade as oito persoas que foron detidas o mércores nun operativo antidroga no que desarticularon tres puntos de venda de sustancias estupefacientes.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por parte da Fiscalía non se solicitou o ingreso en prisión e a causa séguese polos presuntos delitos de tráfico de drogas, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal.

Os investigados teñen que comparecer mensualmente no xulgado, retiróuselles o pasaporte e prohibíuselles a saída do territorio nacional.

A raíz das investigacións, a marxe da causa, descubriron a posibilidade de que exista unha situación de malos tratos sobre a muller, por que o xuíz ditou unha orde de protección, a solicitude do Ministerio fiscal, para un dos investigados.

A operación tivo lugar este mércores e os axentes realizaron tres rexistros domiciliarios nos que se incautaron de 350 gramos de marihuana, 23 gramos de cocaína (envasada e disposta para a venda), cinco gramos de heroína, 16 gramos de haxix, nove gramos de MDMA, 250gramos de sustancia de corte e 52 comprimidos de éxtases e opiáceos. Tamén interviñeron armas curtas simuladas, útiles para a manipulación e o envasado de drogas, básculas de precisión, teléfonos móbiles, 6.000 euros en efectivo e diversa documentación.

A investigación comezou a finais do pasado ano despois de que os axentes tivesen coñecemento de que había varios puntos de venda de droga en zonas próximas a colexio

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir