“Se imos destinar o 90% do casco histórico a vivenda turística perderíamos a nosa identidade como pobo”
O alcalde de Corcubión confía en que o Centro de Día poda ser unha realidade o vindeiro ano
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pleno Aberto co alcalde de Corcubión Xabier Dguez. Drok (19/03/2025)
Xabier Domínguez “Drok” falou no Pleno Aberto de Radio Nordés da actualidade do concello. Un dos asuntos que ocupou máis tempo foi o do esperado centro de día, o alcalde amosouse optimista en que este servizo poda estar aberto ao longo do ano próximo, aínda que é consciente das dificultades tanto para lograr a súa apertura como para sufragar gastos unha vez aberto. Insiste na necesidade de que a comarca de Fisterra conte cun Centro de Día xestionado polo goberno autonómico. Critica que a consellería se negue a recibilo e, como outros alcaldes, solicita unha maior aportación do goberno galego para manter o SAF.
Respecto ao paseo marítimo, Drok indica que os trámites para a realización da obra que una o de Corcubión co de Cee están en marcha e non tardará en empezar as obras. Neste momento están a espera dunha subvención de 100.000€ para o arranxo de parte do paseo e continúan os contactos coa SAREB para adquirir uns terreos na zona de Quenxe.
O alcalde corcubionés respondeu ás cuestións dos grupos da oposición en relación a nova RPT, a praza da secretaria municipal e dixo que espera ter listos antes do verán os orzamentos do 2025.
Respecto ao sector turístico, Xabier Domíngez abordou a problemática do incremento no custe dalgúns servizos e a taxa turística ou a suba do prezo da vivenda para residentes debido ao auxe das vivendas turísticas. Ademais abordará unha posible peonalización con veciños e comerciantes da zona da Praza Castelao.
Outros dos temas da conversa foron as novas incorporacións ao goberno ou a limpeza dos terreos do antigo hotel “El Horreo”.