Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O grupo socialista urxe a Xunta máis medidas contra a Flavescencia

Piden a eliminación das cepas abandonadas afectadas

Vides. / Getty

Vides.

O Ribeiro.

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, empraza á Xunta a poñer en marcha un protocolo de eliminación de cepas de viño nas parcelas abandonadas que estean afectadas pola enfermidade da flavescencia dourada. A responsable socialista presentou esta mañá unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento para reclamar un Plan de choque fronte á expansión desta enfermidade da vide que afecta á Denominación de Orixe do Ribeiro e ameaza con estenderse a Monterrei.

Dacosta reclama en concreto orzamento para poñer en marcha un protocolo urxente de intervención nas cepas que estean abandonadas e que actúan como reservorio e foco de propagación desta enfermidade letal para os viñedos. Urxe a poñer en marcha un Plan de acción que permita poñer en marcha as medidas necesarias para frear o problema antes de que se acentúe novamente coa chegada da primavera.

A parlamentaria socialista urxe ao goberno galego que impoña controis máis esixentes de certificación fitopatolóxica nos viveiros para evitar que acheguen ás explotacións cepas que estean afectadas pola enfermidade e que intensifique a campaña de información en toda a cadea vitivinícola para que teñan un coñecemento claro sobre como actuar de maneira eficaz diante dunha das enfermidades máis importantes e prexudiciais.

Esta enfermidade, que provoca a drástica diminución da produción e a morte total ou parcial das cepas afectadas, foi detectada en Galicia no ano 2022.

Advirte que esta enfermidade, que xa é endémica na Denominación de Orixe do Ribeiro -que ocupa un total de 1.300 hectáreas, da traballo a 1.200 viticultores, 90 adegas e cunha produción de 11,1 millóns de quilogramos de uva- e ameaza con estenderse á de Monterrei -que ocupa 800 hectáreas, 381 viticultores, 30 adegas e ten unha produción de 7,7 millóns de quilogramos de uva. Alerta de que as perdas poden ser cuantiosas para as familias dos agricultores que dependen destes cultivos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir