Jorge Bustos combinará Urbanismo con Deportes e Xuventude e nace a concellería de Movementos Migratorios
Miguel Fernández, que levará Transición Ecolóxica, aposta por dar continuidade ao traballo dos seus concelleiros


Lugo
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou esta mañá o novo decreto de organización que rexerá o organigrama municipal nesta nova etapa. A nova estrutura, na que figuran ás competencias que ten asignadas cada un dos membros que conforman o Executivo local, dá continuidade á anterior aínda que “introduce pequenas modificacións que teñen como obxectivo principal mellorar o funcionamento da Administración e aproveitar ao máximo os perfís políticos e profesionais dos compañeiros e compañeiros do equipo de Goberno”, tal e como destacou o rexedor tras o anuncio.
“Estamos ante un gran equipo no que a inmensa maioría dos seus membros conta cunha contrastada traxectoria en diferentes ámbitos de xestión polo que estou convencido que, apoiados pola estrutura de traballadores municipais, logrará mellorar a eficiencia desta Administración e o seu funcionamento interno, algo que sen dúbida se traducirá nun incremento do ritmo da tramitación administrativa nunha mellora na calidade da prestación dos servizos públicos”, explicou Fernández. “É necesario darlle continuidade ao gran traballo que se desenvolveu na cidade ao longo dos últimos anos para seguir transformando Lugo e convertela na cidade referente coa que todas e todos os lucenses soñamos”, afirmou o alcalde antes de debullar as cinco áreas nas que se configura o Goberno: Alcaldía e Transición Ecolóxica; Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Urbanismo e Deportes e Xuventude; Área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais; Cohesión Social; e Área de Cohesión Territorial.
Área de Alcaldía e Transición Ecolóxica
Fernández destacou que “O obxectivo é continúar marcando o futuro da nosa cidade e xestionar ademais do día a día os proxectos de valor estatréxico que permitirán o desenvolvemento do municipio e que ao longo dos próximos anos definirán o futuro da nosa cidade. Ademais, traballarei, como viña facendo ata o de agora, por acadar un Lugo máis sostible con capacidade para facer fronte aos desafios ambientais e que potencie o noso incrible patrimonio natural e paisaxístco”.
Así, dentro desta área inclúese a coordinación executiva e supervisión directa dos proxectos estratéxicos de transformación da cidade, así como a Axenda 2030 para un desenvolvemento sostible. A este cometido, que ten unha relación estreitamente vencellada co labor que ata agora viña desenvolvendo Fernández na área deTrasnsción Ecolóxica o alcalde suma a coordinación executiva e supervisión directa dos asuntos e actividades relacionados coa protección do medio ambiente e cambio climático, a xestión enerxética eficiente, a xestión integral de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, o cilco da auga ou os parques e xardíns e zonas verdes da cidade.
Deste modo, o alcalde dirixirá, ademais do goberno municipal, a organización dos servizos administrativos e a representación institucional, especialmente de carácter protocolario. Corresponderán igualmente á área de Alcaldía os órganos directivos da Secretaría de Pleno, o Órgano de apoio á Xunta de Goberno Local, a Asesoría Xurídica, a Intervención Xeral ou a Sección de Administración Municipal, entre outros. Ademais do control sobre os servizos municipais de emerxencias como Protección Civil, Bombeiros e Polícia Local tal e como viña desenvolvendo a anterior alcaldesa.
Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Urbanismo, Deportes e Xuventude
Contínua ao frente desta área Pablo Permuy quen se encargará da coordinación executiva e supervisión directa dos asuntos e actividades relacionados coa contratación local, o patrimonio municipal, a xestión económica e financieira e a xestión de persoal.
Ademais, dentro desta área, créase unha nova concellería de carácter específico de Urbanismo, Deportes e Xuventude que dirixirá Jorge Bustos e que se encargará da coordinación executiva e supervisión directa dos asuntos relacionados cos servizos e actuacións que teñan que ver coa xuventude, a prevención das drogodependencias, actividades, instalacións e equipamentos deportivos, o fomento do deporte e todos aqueles aspectos vencellados á festividade do Arde Lvcvs.
“Bustos ven demostrando a súa capacidade de xestión realizando un grandísimo traballo ao que lle vai dar continuidade e ao que ademáis suma a xestión do Urbanismo, un área na que, coa axuda do director xeral e todo o equipo de técncios municipais, vai desenvolver un gran labor xa que se adapta á perfección a súa formación profesional como inxeñeiro”, explicou Fernández.
Área de Cohesión Social
Esta ampla área de xestión, que dirixirá Olga López Racamonde, ocuparase da prestación dos servizos sociais, de promoción e reinserción social . Tamén xestionará as instalacións e equipamentos de carácter social, como os pisos de emerxencia social, os centro sociais e os centros de dinamización e promoción sociocultural ou o Fogar do Transeúnte. Así mesmo seguirá desenvovendo a acción relacionada co voluntariado social e a relación co tecido social do municipio así como as organizacións non gobernamentais.
Ademais, dentro desta área de grande importancia para a cidadanía créanse dúas concellerías de carácter específico: a concellería de Muller, Igualdade e Inclusión, que dirxirá Ángeles Novo e a Concellería de Movementos Migratorios, que xestionará Waldir Sinisterra.
A primeira asume a promoción e atención á muller, así como a promoción da igualdade e diversidade en todos os eidos e o traballo en materia de conciliación. Pola súa banda, a nova área que coordinará Sinisterra traballará no ámbito migratorio e vaise encargar do impulso da convivencia e programas e actividades de integración social así como a creación de espazos de convivencia.
“Creemos que a nova organización responde, sobre todo, a importancia que as políticas sociais teñen na nosa acción de goberno onde as persoas están no centro e toda a nosas iniciativas. Os tres perfís profesionais e humanos cos que contamos levarán a cabo un gran traballo neste eido, tal e como se viña facendo ata agora”, sinalou Fernández en relación a nova dimensión da área de Cohesión Social.
Área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais
Mantén a liña de traballo e que se viña desenvolvendo ata agora con Mauricio Repetto ao fronte que continúa coas suas responsabilidades. Corresponderalle a esta área a coordinación executiva de aspectos de grande valor como fomento e promoción da actividade económica, o fomento e promoción do comercio ou formación e fomento do emprego. Así como o seguimento e xestión ordinaria da estratexia dos fondos europeos asignados pola Alcaldía e establecer relacións de colaboración con entidades de carácter municipal e supramunicipal.
Área de Cohesión Territorial
Ana González Abelleira continuará ao fronte desta importante área de xestión transversal encargada de asuntos como a conservación, limpeza e obras ordinarias en vías públicas e infraestruturas do ámbito rural, a dinamización e promoción sociocultural dos centros situados na zona rural e todas aquelas funcións encamiñadas á satisfacción das necesidades das parroquias. Considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os centros de dinamización rural, Parque Móbil municipal, Brigada e Parque de Maquinaria e Unidades de Zona Rural.