Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

‘Unha historia pequena da Galiza rural’ ou como investigar o franquismo a través de historias de vida

A historiadora Alba Díaz Geada presenta un libro no que combina documentación oficial cos testemuños dos seus veciños

Alba Díaz Geada presenta en Foz 'Unha historia pequena da Galiza Rural (1939-1982)'

Alba Díaz Geada presenta en Foz 'Unha historia pequena da Galiza Rural (1939-1982)'

00:00:0009:28
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"O propio título do libro sintetiza bastante o que un pode atopar dentro", apunta a historiadora focense Alba Díaz Geada. Presenta 'Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982)', un percorrido por tres momentos diferentes que se viviron "dende a toma de poder do franquismo ata o momento do cambio de rexime, centrándose na Galicia rural e máis nos cambios que se produciron en cada etapa", explica.

Nesta investigación abórdanse tres grandes procesos que influíron na conformación social, territorial e cultural de Galicia co obxectivo de "alimentar unha poboación empobrecida pola guerra civil". Alba Díaz Geada describe como se instituiu, en primeiro lugar, un sistema baseado "na fame e a corrupción, no sufrimento duns para o enriquecemento doutros" durante posguerra. Neste punto "a forza de traballo labrega serviu para aportar brazos e unha produción agrícola que debía alimentar a un estado empobrecido".

Más información

As consecuencias desta xestión do territorio que se impulsou durante a ditadura están presentes aínda na actualidade, advirte a investigadora. "Tratouse dunha política agraria que conlevaba a expropiación sistemática do monte comunal", o que tivo "un gran impacto nas comunidades rurais labregas, porque era a base da súa alimentación para fornecer de recursos enerxéticos a outras zonas do estado, e que continúa aínda a día de hoxe". Ve un exemplo moi claro "no terrible atentado que se quere cometer coa instalación da celulosa de Altri" na comarca da Ulloa.

Os outros dous procesos históricos que repasa son como "nun segundo momento, se forneceu de man de obra barata outras zonas que estaban desenvolvendo actividades industriais e de servizos" e como aínda despois, o rural galego se viu obrigado de novo a "acoller o regreso desta poboación en época de crise".

As pequenas historias dos grandes procesos

O máis interesante deste repaso a máis de catro décadas de historia é que Díaz Geada combina fontes documentais con fontes orais, testemuños que recolle dos seus veciños e veciñas da comarca da Mariña que as viviron en primeira persoa, para propoñer un relato máis completo do noso pasado. "No libro teñen unha presencia moi grande as historias de vida e as voces de moitos homes e mulleres labregos, que permiten achegarse á experiencia dese proceso e tamén facer un contrapeso as narrativas oficiais, que siguen predominando para explicar estas mudanzas", explica.

Aínda que case todas foron recollidas na Mariña de Lugo, "boa parte delas pero están situadas nun marco maior, por iso esas voces poden levarnos en migracións alén mar; trátase de que haxa unha vinculación das pequenas historias cos grandes procesos que acaban influíndo na vida de cada un e das comunidades".

Un exempló é o dunha informante que conta a historia de súa irmá: "Emigrou coa ama para a que traballaba ao sur de América, por outras circunstancias emprende logo outro movemento migratorio a Portugal e ten un fillo que se obrigado a desplazarse despois a Alemaña para evitar ter que participar na Guerra de Angola". Para a historiadora isto "é un pequeno exemplo de como as nosas vidas están influenciadas por un sistema maior que dunha ou doutra forma condiciona a nosa exsitencia, que pode parecer libre, pero que se ve coercionada polas circunstancias históricas".

Alba Díaz defende a importancia de incorporar estas fontes orais á investigación histórica, porque enriquecen a forma na que entendemos o noso pasado. "Non son só interesantes pola propia experiencia vivida que aportan, moi relevante para incorporar a análise histórica, senón que hai moitas cuestións ás que non se pode chegar a través da documentación oficial", que omite unha parte do relato dependendo da finalidade para a que foi pensada. "Deste xeito podemos achegarnos máis ás historias de vida das clases subalternas, que a miúdo estiveron completamente ausentes nunha parte parte importante do desenvolvemento da investigación histórica", conclúe.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir