O Torneo JR.NBA/JR.WNBA FEB 3x3 CHEGA A Ourense
O Torneo elixe a Ourense o 10 de maio

Ourense sede de este Torneo / Federación Galega de Baloncesto

A segunda edición do Torneo Jr. NBA/Jr WNBA FEB 3x3 elixe a Ourense como unha das súas tres sedes en España.
A presenza en Galicia desta cita conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e a Deputación de Ourense.
300 rapaces de categoría Sub 12 desfrutarán do baloncesto 3x3 vinculado a experiencia ao universo NBA/WNBA.
o Pazo Paco Paz acolllerá o vindeiro 10 de maio o Torneo, programa presentado por Kellongg´s e que NBA e Federación Española de Baloncesto desenrolan a nivel nacional.
Inscrición:
A inscrición dos equipos nesta cita ourensá pode tramitarse a través de FORMULARIO WEB dispoñible na páxina web fa Federación Galega de Baloncesto.
O Torneo, contará cunha data previa moi especial , o seu propio Draft, este celebrarasé o vindeiro 2 de abril en Madrid, e nel sortearanse os emparellamentos da cada equipo coas franquicias NBA, vencellando así aos xogadores e xogadoras máis novos ao universo e ao talento do mellor baloncesto internacional.
A participación está aberta para nenos e nenas de 12 anos ou menos, sexan ou non federados. Cada equipo deberá contar cun mínimo de tres xogadores e máximo de cinco,así como cun responsable maior de idade.